jueves, 30 de junio de 2011

EL DESCUBRIMIENTO DE LAS BRUJAS, DE DEBORAH HARKNESS

No corazón da Biblioteca Bodleiana de Oxford, a apaixonada historiadora Diana Bishop tópase no medio das súas investigacións co manuscrito identificado como Ashmole 782. Descendente dunha antiga liñaxe de bruxas, Diana intúe que o manuscrito está relacionado dalgún xeito coa maxia, pero non quere ter que ver nada coa bruxaría. E despois de tomar algunhas notas sobre os seus curiosos debuxos, devólveo sen perder máis tempo aos estantes. O que Diana non sabe é que se trata dun manuscrito alquímico que estivo perdido durante séculos e cuxo descubrimento desencadeou que hordas de daimones, vampiros e bruxas saian á luz das salas de lectura da Biblioteca.

Unha desas criaturas é Matthew Clairmont, un enigmático xenetista, amante do bo viño e vampiro milenario, cuxa alianza con Diana se fará progresivamente máis íntima, e pouco a pouco xurdirá entre ambos os dous unha relación que fará cambalear os tabús asentados dende hai tempo nun mundo secreto e encantado.

A teoría da evolución de Darwin non contemplou todos os seres que habitan a Terra, pero Deborah Harkness fíxoo nesta emocionante e enxeñosa novela. Dende Oxford a Nova York, e de aquí a Francia, a maxia, a alquimia e a ciencia desvélannos os seus verdadeiros vínculos no libro definitivo sobre a bruxaría e os seus poderes.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N HAR des novedades



No hay comentarios: