viernes, 13 de mayo de 2011

IMOS Á FEIRA DO LIBRO


Como o ano pasado, a Biblioteca foi invitada a participar na XXIX Feira do Libro de Lugo, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia, e que terá lugar dende o martes 17 de Maio, Día das Letras Galegas, ata o venres 22.

Estaremos nun dos stands situados na Praza Maior, e o horario será de 11:30 a 14:00 pola mañá, e de 17:00 a 21:00 pola tarde. Alí atoparédes información sobre a Biblioteca, os nosos servizos, algunhas das últimas novidades, e a posibilidade de facervos socios de maneira gratuita. E para todos os que nos visitedes haberá un pequeno agasallo...

Para máis información sobre a feira e as súas actividades podedes visitar a páxina da Federación de Libreiros de Galicia, que ten toda a programación detallada.

E para rematar, picando na imaxe de abaixo podedes descargar os marcapáxinas da Biblioteca que tamén poderedes atopar no noso stand.


Agardamos a vosa visita!!


No hay comentarios: