martes, 12 de abril de 2011

ENQUISA DE VALORACIÓN DA BIBLIOTECA

Dende hai algúns días, nos puntos de información situados na entrada da Biblioteca podedes encontrar unha enquisa de valoración da Biblioteca.

Mediante esta enquisa pretendemos coñecer a vosa opinión sobre varios aspectos da biblioteca: que vos gusta menos, que vos gusta máis, que cambiariades, etc... Coñecendo a vosa opinión poderemos mellorar para ofrecervos un mellor servizo.

E para facilitarvos a participación, a enquisa tamén está dispoñible vía web, picando na seguinte imaxe. Agardamos as vosas respostas!!

2 comentarios:

Biblioteca Escolar do IES Leiras Pulpeiro dijo...

Esperamos que a enquisa reflicte a realidade do voso traballo: ben feito e con ilusión.

Dende hoxe vos enlazamos no noso blog.

Biblioteca Pública Nodal de Lugo dijo...

Moitas grazas. Intentamos facelo o mellor posible. Un saúdo