lunes, 4 de abril de 2011

EL TALLER DE LOS LIBROS PROHIBIDOS, DE EDUARDO ROCA

Colonia, albores do século XV. Aires de reforma e cambio azoutan unha Europa gobernada aínda polos enganos e as vellas crenzas. A difusión do saber está en poder duns poucos. Non obstante, a un pequeno grupo de sabios e eruditos que se reúnen na máis absoluta clandestinidade úneos unha ambición común: a transmisión cultural entre o pobo. Como? A través dos libros.

Pero antes haberán de salvar as reticencias da Igrexa -que non desexa que obras «perigosas» como os Evanxeos cheguen ao vulgo- e a dos nobres -que non queren perder os seus privilexios-. Só un home, un modesto ourive chamado Lorenz, axudado pola súa filla, será capaz de afrontar o desafío. Aínda que o prezo que podería pagar por semellante ousadía é o máis caro: a súa vida e a de todos aqueles que o rodean.

Unha intensa e épica novela na que a ambición, a crueldade e a intolerancia loitarán contra o saber, a xustiza e a verdade, e na que nos somerxeremos e deixaremos levar pola maxia que envolve aos libros.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N ROC tal novedades.




No hay comentarios: