miércoles, 27 de abril de 2011

ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO EN LUGO

O pasado sábado, 23 de abril, celebrouse o Día do Libro, pero hoxe celébrase esta festividade na nosa cidade. O Concello coma todos os anos organizou varias actividades para todos os gustos.

Durante todo o día podedes atopar na Praza Maior os stands dalgunhas das librarías da cidade, que ofertarán descontos nos seus libros toda a xornada.

Ás 11:00 haberá unha solta ou liberación de libros en cinco centros municipais: o Centro de Interpretación da Muralla, a Casa da Música, a Oficina de Información Xuvenil (OIX), a Piscina de Frigsa e a Biblioteca Municipal de Frigsa. Se estades interesados en conseguir algún destes libros e unirvos ó movemento "bookcrossing", achegádevos a calquera destes puntos.

E como todos os anos, dende ás 17:00 ata ás 20.30, tamén na Praza Maior, haberá a tradicional lectura do Quixote.

E xa para rematar, ás 19:15 o escritor David de Juan presentará o seu libro "El baile de las lagartijas", gañadora do premio de novela Ciudad de Valencia "Vicente Blasco Ibáñez" no Salón de Plenos do Concello de Lugo, acompañado do escritor lucense Pablo Núñez. A entrada é libre ata completar o aforo.

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS!!

No hay comentarios: