martes, 15 de marzo de 2011

EU SON LEEDER

"Yo soy leeder", ese é o título da nova campaña do Ministerio de Cultura para fomentar a lectura entre os mozos de 14 a 25 anos.

Esta campaña pretende achegar os mozos á lectura utilizando as súas ferramentas, as novas tecnoloxías. Os blogs, foros e redes sociais forman parte fundamental do portal web. Ademais inclúe un divertido xogo literario e a posibilidade de descargar posters, fondos de pantalla e serigrafías para camisetas.

Hoxe en día a literatura xuvenil está de moda, pero esta franxa de idade é unha na que máis lectores se perden. Por iso o Ministerio decidiu lanzar esta campaña, para que os que xa son lectores dende pequenos non perdan o interese na lectura polo camiño...

Se queres visitar a web preme na imaxe...

No hay comentarios: