lunes, 28 de marzo de 2011

CALIGRAFÍA DE LOS SUEÑOS, DE JUAN MARSÉ

A mediados dos corenta, Ringo é un neno de quince anos que pasa as horas mortas no bar da señora Paquita, movendo os dedos sobre a mesa, coma se repasase as leccións de piano que a súa familia xa non pode pagarlle. Nesa taberna do barrio de Graza, é testemuña da historia de amor entre Vicky Mir e o señor Alonso: ela, unha muller entrada en anos e en carnes, masaxista de profesión, inxenua e enamoradiza; el, un cincuentón aposto que empezou frecuentando a muller para curarse dunha lesión no pé e acabou instalándose na súa casa.

Alí viven xunto a Violeta, a filla da señora Mir, ata que sucede algo inesperado: un domingo pola tarde, Vicky bótase ás vías dun tranvía intentando un suicidio imposible e patético, mentres o señor Alonso desaparece para non volver. O único que queda del é unha carta que prometeu escribir e que Vicky estará esperando e desexando ata a loucura, mentres Violeta move as súas espléndidas cadeiras polo barrio, fusca e indiferente aos afagos.

A vida enteira discorre polo bar da señora Paquita e baixo a mirada de Ringo, que escoita, le, e finalmente empezará a escribir, enchendo de luz esa triste caligrafía de toda unha xeración que alimentou os seus sonos nos cines de periferia e nas rúas grises dunha cidade onde o futuro parecía algo improbable.

Espléndido relato de iniciación ao desexo e á escritura, "Caligrafía de los sueños" é a primeira novela que Juan Marsé publica tras a concesión do Premio Cervantes en 2009.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N MAR cal novedades.




No hay comentarios: