lunes, 7 de marzo de 2011

1Q84, DE HARUKI MURAKAMI

En xaponés, a letra q e o número 9 son homófonos, os dous pronúncianse kyu, de maneira que 1 Q 84 é, sen selo, 1984, unha data de ecos orwellianos. Esa variación na grafía reflicte a sutil alteración do mundo en que habitan os personaxes desta novela, que é, tamén sen selo, o Xapón de 1984.

Nese mundo en aparencia normal e recoñecible móvense Aomame, unha muller independente, instrutora nun ximnasio, e Tengo, un profesor de matemáticas. Ambos os dous roldan os trinta anos, ambos os dous levan vidas solitarias e ambos os dous perciben ao seu modo leves desaxustes no seu ámbito, que os conducirán de xeito inexorable a un destino común.

E ambos os dous son máis do que parecen: a bela Aomameé unha asasina; o anódino Tengo, un aspirante a novelista ao que o seu editor encargou un traballo relacionado con La crisálida do aire, unha enigmática obra ditada por unha esquiva adolescente. E, como pano de fondo da historia, o universo das seitas relixiosas, o maltrato e a corrupción, un universo enrarecido que o narrador escarva con precisión orwelliana.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N MUR 1q8 novedades

No hay comentarios: