martes, 8 de febrero de 2011

A SALVAR AS BIBLIOTECAS...

Hoxe traemos da man de Phil Bradley, un bibliotecario inglés, unha interesante colección de posters da II Guerra Mundial, retocados para adaptalos á campaña "Save the libraries". Unha curiosa manera de promocionar a biblioteca pública...



2 comentarios:

Xosé Lois dijo...

O certo é que o que habería que facer coas bibliotecas é potencialas. Facer que cheguen máis á xente. Promocionalas para que a xente achéguese máis a elas e que lles perda o medo. Si, ás veces a xente vé as bibliotecas como algo lonxano e para bichos raros.

Non é unha biblioteca, pero na FNAC de Callao, en Madrid, pódese ler un libro mentras estás a escoitar música clásica, nun recuncho que fai de auditorio... e atópase (ou atopábase, xa que hai ben anos que marchei desa cidade) sempre cheo. Non sei, se cadra é algo a ter en conta para potencia-las bibliotecas :-)

Apertas
http://osmeuslibros.blogspot.com

Biblioteca Pública Nodal de Lugo dijo...

A verdade é que hai todo un mundo de posibilidades para fomentar as bibliotecas, pero non sempre temos os recursos ou medios axeitados. Intentamos facer da biblioteca un lugar atractivo, aínda que non sempre o conseguimos. Grazas pola túa suxerencia Xosé Lois