jueves, 10 de febrero de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos o contacontos "Que doado e soñar" con Cucarandainas.

Cando pecho os ollos soño con montañas de cor violeta, outras veces soño que voo sobre o mar, outras que monto nun dragón voador. Sempre que abro un libro imaxino que viaxo a países descoñecidos, que son un príncipe, que teño poderes máxicos. E ti, cando a luz se apaga ¿qué soñas?. Cando abres un libro ¿a ónde vas?

Se tes entre 6 e 12 anos, xa podes recoller a túa invitación no mostrador da Sala Infantil (30/35 prazas).

Mañá, venres 11, ás 18:00 h. na Sala de Actividades da Biblioteca (ó lado da Sala Infantil)


No hay comentarios: