lunes, 7 de febrero de 2011

EN LA CIUDAD DE ORO Y PLATA, DE KENIZÉ MOURAD

A comezos de 1856, a todopoderosa Compañía da India decide someter Lucknow, a chamada «cidade de ouro e prata» pola súa beleza e riqueza lendarias, á tutela británica. Esta forzada anexión provoca unha insurrección a cuxa fronte se alza a begum Hazrat Mahal, cuarta esposa do rei. Xunto co seu fiel raxá Jai Lal e co apoio dos sipaios, dispostos a todos os sacrificios pola súa causa,Hazrat Mahal, convertida na alma da revolta, encarna a resistencia ao invasor.

"En la ciudad de oro y plata" ten o alento épico das grandes novelas: un cegador fresco histórico, pano de fondo da paixón entre a orfa convertida en raíña e o seu heroico e leal xeneral.

Vinte anos despois de "De parte de la princesa muerta", a nova obra de Kenizé Mourad publícase simultáneamente en Francia, España e outros países. A crítica e os lectores agardan con expectación esta novela, que se anuncia como a grande obra mestra da autora.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N MOU enl novedades


No hay comentarios: