martes, 11 de enero de 2011

OS LIBROS DE CORES

Existe unha moda bastante estendida polos blogs literarios da rede, que consiste en propoñer retos aos seus lectores para facer as lecturas máis entretidas e engadirlles un punto de competición.

Estes retos poden ser tan distintos como ler 15 libros nun mes, ler cada mes durante un ano os libros dun mesmo autor, ou durante uns meses ler só libros que comecen pola letra "S". Estas iniciativas poden parecer un pouco forzadas, porque a lectura é libre e cada un le o que lle apetece cando lle apetece, pero está claro que á xente que participa lle encantan este tipo de retos...

E nós, para unirnos a esta tendencia, hoxe decidimos propoñervos algúns títulos seguindo un destes retos, proposto dende o blog Book Eater, o das cores, que non é máis que ler durante o 2011 un libro de cada cor (un libro no que a súa portada predomine algunha das seguintes cores). Escolleron 12, un por cada mes do ano: Amarelo, Laranxa, Vermello, Violeta, Azul Celeste, Azul Escuro, Verde Claro, Verde Escuro, Marrón, Gris/Beige, Negro e Branco. Por suposto, vos elexides os que queredes ler, esto é tan só unha proposta ;)
















No hay comentarios: