lunes, 17 de enero de 2011

MULTIMILLONARIOS POR ACCIDENTE, DE BEN MEZRICH

Mark Zuckerberg e Eduardo Saverin non encaixaban dentro dos canons sociais da Universidade de Harvard. Tímidos, pouco agraciados fisicamente e sen apelidos ilustres, os seus compañeiros virábanlles as costas e, con iso, esfumábase toda posibilidade de relacionarse coa metade feminina do campus. Resignados, refuxiábanse nos seus ordenadores e nas súas clases de matemáticas. Eran dous auténticos friquies.

Unha noite, na que como outras tantas volvía só ao seu cuarto, Mark Zuckerberg entrou nos servidores da universidade e copiou os arquivos do directorio de estudantes, chamado facebook en inglés. Eliminou os nomes e as fotografías dos rapaces e volveuno colgar en Internet, non sen outra pequena modificación: os estudantes podían puntuar o aspecto físico de cada unha das rapazas. O experimento estivo a punto de custarlle a expulsión da Universidade, algo que non lle tivese preocupado en absoluto porque acababa de crear o embrión do que nuns poucos meses ía converterse en Facebook, a rede social máis popular do mundo.

Esta é unha historia novelada na que as festas tolas, o sexo con mulleres abraiantes, o talento dos seus fundadores, o diñeiro dos investidores e a traizón entre amigos acaban conformando un relato moi pouco habitual da fundación dunha empresa, ao tempo que constitúe unha lectura compulsiva sobre a perda da inocencia dunha xeración, que fixo das redes sociais o seu hábitat natural.

A novela na que está baseada a exitosa película "La red social", gañadora de 4 globos de ouro: mellor película, mellor dirección, mellor guión e mellor banda sonora.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N MEZ mul


No hay comentarios: