martes, 18 de enero de 2011

MINI ESCRITORES NO TEU ESTANTE

Hoxe traemos unha curiosidade en forma de merchandising, se se pode chamar así... Unha curiosa colección de figuriñas dalgúns dos escritores máis recoñecidos da literatura universal. Un obxecto só apto para verdadeiros fans da literatura! A ver se sodes capaces de adiviñar os seus nomes...

Vale, venga, aquí vai a solución: En primeira línea e encabezando o grupo temos a Virginia Woolf, unha das escritoras máis destacadas do século XX, seguida de Edgar Allan Poe, recordado polas súas historias de terror. E na segunda línea, William Shakespeare, o clásico entre os clásicos, James Joyce, co seu magnífico "Ulises", e Mark Twain, creador de Tom Sawyer.

Aínda que botamos en falta a algún que outro escritor, como o noso Cervantes, este pode ser un regalo para os friki-literatos que de seguro lles encantará. Tamén véndense as figuriñas por separado, por se alguén non se quere quedar con todos eles. Ata hai pouco estaban dispoñibles na FNAC.


No hay comentarios: