lunes, 10 de enero de 2011

INVITACIÓN A UN ASESINATO, DE CARMEN POSADAS

Recén divorciada do seu quinto marido e completamente arruinada, a perfecta e glamurosa vida de Olivia Uriarte estase a ir a pique. Coa intención de evitar o inminente declive, Olivia traza un plan minucioso para provocar a súa morte... ou mellor dito, o seu asasinato.

Un luxoso veleiro en metade do océano e oito convidados moi especiais: aqueles que, por escuras razóns do pasado, estarían dispostos a asestar o último golpe sen dubidalo. Olivia deixou todo disposto para o seu gran final, incluídas aquelas pistas que deberá seguir a súa irmá Ágata para resolver correctamente o crebacabezas. Unha tarefa liberadora que a empurrará a empezar de novo sen o peso da sombra da súa irmá.

"Invitación a un asesinato" supón unha volta de rosca ás clásicas novelas de detectives nun escenario social dominado polos novos ricos. Unha obra repleta de humor exquisito, enxeño, e unha trama que xoga co lector e lanza constantes acenos aos amantes de Agatha Christie, Conan Doyle e Hitchcock.

Podes atopala na sección de novidades có rotulo N POS inv novedades.

No hay comentarios: