jueves, 27 de enero de 2011

HOXE E MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Hoxe temos ás 18.00 h. a entrega de premios aos gañadores do Certame Infantil de Poesía "Nadal 2010", organizado pola Biblioteca, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Estes foron os gañadores nas correspondentes categorías:

Categoría A (ata 8 anos):
Jorge Estraviz, Alejandro Díaz e Ainoa Rodríguez

Categoría B (de 9 a 11 anos):
María Rodríguez, Denis Blanco e Mª Jesús Prado

Categoría C (de 12 a 16 anos):
Brenda González e Marta Arias

E mañá, venres 28, temos sesión de teatro con Migallas e "O libro máxico" . A protagonista desta aventura, Rosiña, é unha nena que queda soa na casa mentres os seus pais van a unha reunión. Como ten algúns problemas para rematar os deberes, decide investigar nun baúl. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel. Tralas primeiras liñas empezan a pasar cousas raras e Rosiña e os seus amigos, o público, mergúllanse na aventura de piratas que está escrita no libro.

Unha obra para todos os públicos.

Mañá, ás 18:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.


No hay comentarios: