miércoles, 5 de enero de 2011

CUERNOS, DE JOE HILL

Que pasaría se unha mañá despois dunha borracheira horrible, espertases cuns incipientes cornos na cabeza?

A vida de Ig Perrish é un verdadeiro inferno dende que a súa noiva Merrin fose asasinada un ano atrás, nun episodio que se ben lle foi alleo tendeu sobre el un manto de sospeitas que nunca puido sacudirse.

Unha mañá, despois dunha forte borracheira, encóntrase cuns cornos crecendo na súa fronte. Có pasar das horas descubrirá que teñen un estraño efecto na xente: fainos contarlle os seus máis escuros desexos e segredos. Así, Ig decátase de que todo o pobo, mesmo os seus pais, cren que el foi quen matou a Merrin. Tras o desconcerto dos primeiros momentos, Ig aprenderá a sacar vantaxe de ser o mesmo demo...

Joe Hill, príncipe do terror e autor prodixio da exitosa novela El traxe do morto, volve poñernos os pelos de punta con esta extravagante, orixinal e imaxinativa historia, na que todo é, aparentemente, estraño e inexplicable.

Podes atopala na sección de novidades có rotulo N HIL cue novedades.


No hay comentarios: