miércoles, 26 de enero de 2011

CAMPAÑA "APADRIÑA UN LIBRO"

Dende a Biblioteca do Ateneu Barcelonés chéganos esta peculiar iniciativa: "Apadriña un libro: conserva o futuro, preserva o pasado". Unha campaña ideada polos responsables da Biblioteca, para conseguir os fondos necesarios para a restauración dos seus exemplares máis salientables.


Esta biblioteca conta cun importante patrimonio bibliográfico con incunables, manuscritos e obras singulares dos séculos XVI, XVII e XVIII que necesitan dunha urxente restauración. Como estas intervencións soen ser bastantes caras e a biblioteca non dispón de tanto diñeiro, mediante esta campaña calquera pode facer unha doazón da totalidade ou dunha parte dun libro, enchendo un formulario que teñen na súa páxina web. E que saca o padriño de todo isto? Pois ademáis da satisfacción persoal de salvar unha obra histórica, o seu nome aparecerá na caixa de preservación no que se conservará o libro unha vez restaurado e en todo lugar no que apareza o libro.

Premendo na imaxe de debaixo podedes acceder a unha presentación dos libros dispoñibles para apadriñar, verdadeiras obras de arte. E se queredes saber canto costa cada un, só tedes que premer na barra superior onde pon "Mostar información".


Parece que polo momento a iniciativa está a tener bastante éxito, e dende aquí desexamos que así sexa.


No hay comentarios: