viernes, 7 de enero de 2011

ALICIA GIMÉNEZ BARTLETT, PREMIO NADAL 2011


A escritora albaceteña, Alicia Giménez Bartlett foi a gañadora a pasada noite do Premio Nadal 2011 pola súa obra "Donde nadie te encuentre", na que narra as aventuras e desventuras de "La Pastora", unha bandoleira que batallou cos maquis nas zonas de Tarragona e Castellón.

A historia desta bandoleira é unha historia real, aínda que se achega máis a unha novela de aventuras que a unha novela histórica segundo a propia autora. "La Pastora" morreu en 2004, aínda que a autora nunca chegou a coñecela. Todo foi fruto dun exhaustivo traballo de investigación.

Con esta novela, Alicia Giménez Bartlett impúxose a 284 competidores directos e embolsouse 18.000€. E como aínda non temos este libro na biblioteca, aquí deixamos algúns títulos desta autora que sí podedes atopar nos nosos andeis...

No hay comentarios: