jueves, 13 de enero de 2011

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Este ano celébrase en todo o mundo o Ano Internacional dos Bosques, aprobado no ano 2006 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas. Celébrase para tomar conciencia de que os bosques son parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta grazas aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan.

Entre as actividades programadas figura o intercambio de coñecementos sobre estratexias prácticas que favorezan a ordenación forestal e o retroceso da deforestación e degradación dos bosques. Esta é a segunda vez que celébrase un Ano dos Bosques, a primeira ocasión foi no ano 1985.

Para participar desta celebración, na Biblioteca podédes atopar un centro de interese con todo o relacionado cós bosques, xusto ao carón do mostrador de préstamo. Onde vexades uns árbores, alí é! E para rematar, aquí tedes algúns dos títulos para os máis pequenos...
















No hay comentarios: