jueves, 30 de diciembre de 2010

PROGRAMACIÓN DAS ACTIVIDADES DE XANEIRO


Xa podedes consultar a programación da Biblioteca do mes de Xaneiro na nosa axenda ou nos eventos do Facebook.

Comezamos o novo ano con sesións de contacontos e teatro.

Estades convidados!!


FELIZ ANO A TODOS!!


Hoxe despedímonos de todos vós ata o ano que vén.
Queremos agradecervos as vosas visitas ao blog, á nosa páxina web e á páxina do Facebook, os vosos comentarios e a vosa participación. Porque sodes vós os que facedes que a biblioteca estea viva.
Grazas!!

miércoles, 29 de diciembre de 2010

¿CÁL É O XÉNERO QUE TRIUNFA EN FORMATO ELECTRÓNICO?


Pois nin máis nin menos que a novela rosa. Sí, sí, así como o ledes, a novela rosa, ese xénero que ninguén admite ler, pero que en realidade move trinta millóns de euros ao ano, chega ás sesenta novidades ao mes en España, os seus lectores devoran máis de 5 títulos ao mes, e é do máis prestado na maioría das bibliotecas. E é que aínda que ninguén admite que le novela rosa, a realidade é totalmente distinta...


E pode ser por esta necesidade "social" de ocultar este tipo de lecturas polo que os seus seguidores encontraron o formato ideal no libro electrónico. Non existen portadas vergonzosas con homes descamisados e títulos suxestivos que haxa que tapar forrando o libro cunha folla de xornal ou un folio para que o compañeiro de metro non pense mal, e é bastante máis alcanzable que o formato papel, aínda que en España aínda non é tanta a diferenza (en EE.UU. o aforro é realmente notable).

Algunhas editoriais xa se están a subir ao carro da novela rosa, como Harlequín, un clásico neste tipo de literatura, que xa ofrece un amplo catálogo online para comprar estes ebooks. E se ademais es dos que len en libro electrónico e non tes vergoña de ler este tipo de libros, nada como o E-reader PRS-300 de Sony na súa versión máis rosa ;)

martes, 28 de diciembre de 2010

POR SE NON TEDES SUFICIENTE NADAL...


E despois de todos os libros que vos recomendamos para regalar, hoxe traemos algúns títulos para pequenos e maiores ambientados nestas datas. Pero non pensedes que todo van ser historias agradables... ;)

Infantil








Adultos








lunes, 27 de diciembre de 2010

LA NOVIA DE PAPÁ, DE PALOMA BRAVO

Como sempre, o amor parece que o pode todo: Sol coñeceu a Pablo, un home divertido, independente e... pai de dúas nenas, unha de once anos e outra de oito, das que ten a custodia compartida. Nada menos.

A Sol, creativa dunha axencia publicitaria, encántalle gozar da súa liberdade, pero a relación progresa e un bo día a parella toma unha decisión inapelable: irse a vivir xuntos. Xuntos, si, pero... sós? A partir dese momento, Sol comeza unha nova vida na que o seu rol prioritario non está moi claro: é parella, nai, madrasta ou só a noiva de papá? Porque as fillas de Pablo son intelixentes, coquetas e, tamén, adorablemente perversas. Sol entrou nun mundo novo.

Coas nais snobs das amigas das súas "fillas". Cos aniversarios e recados das nenas. Coas discusións (o móbil, a play, o ipod) e as preguntas impertinentes. Con esas terribles galas de fin de curso. E sempre coa bruxa da nai das nenas voando arredor seu. Decididamente, a súa vida xa non volverá ser a de antes. E todo isto por amor. Tanto amor? Tanto como humor, ironía e tenrura.

Podes atopala na sección de novidades có rotulo N BRA nov novedades.



jueves, 23 de diciembre de 2010

OS GRANDES DO NADAL

E para rematar cos boletíns do Nadal, hoxe traemos "Os grandes do Nadal", libros de gran formato para auténticos fans do papel. Seguramente non caberán en ningún estante da casa, pero son un regalo estupendo ;)

miércoles, 22 de diciembre de 2010

SEGUINDO COS BOLETÍNS DE IDEAS PARA O NADAL....

Hoxe traemos a versión do noso boletín "Ideas para o Nadal" para os maiores da casa. Unha selección de libros e novelas para todos, que de seguro serán do gusto dese cuñado sibarita do viño, da tía que le todo o que cae nas súas mans, do pai afeccionado á fotografía, do sobriño fan das series de televisión ou da avóa namorada do seu xardín. Nos próximos días publicaremos outra selección de libros en gran formato, así que estade atentos...

martes, 21 de diciembre de 2010

O MONSTRO E A BIBLIOTECARIA

Hoxe traemos un video dunha bibliotecaria e un monstro bastante curioso. De seguro que non adiviñades como remata a historia...

lunes, 20 de diciembre de 2010

EL CEMENTERIO DE PRAGA, DE UMBERTO ECO

Estamos en marzo de 1897, en París, espiando dende as primeiras páxinas desta magnífica novela a un home de sesenta e sete anos que escribe sentado a unha mesa, nun cuarto abarrotado de mobles: velaquí ao capitán Simonini, un piemontés afincado na capital francesa, que dende moi novo se dedica á nobre arte de crear documentos falsos.

Home de poucas palabras, misóxino e lambón impenitente, o capitán inspírase nos folletíns de Dumas e Sue para dar fe, fomentar intrigas ou difamar as grandes figuras da política europea. Cabaleiro sen escrúpulos, Simonini traballa ao servizo do mellor ofertante: se antes foi o goberno italiano quen pagou polas súas imposturas, logo chegaron os encargos de Francia e Prusia, e mesmo Hitler acabaría aproveitándose dos seus malvados oficios.

Trinta anos despois de publicar "El nombre de la rosa", Umberto Eco volve para mostrarnos que na literatura e na vida, nada é o que parece e ninguén é quen realmente di ser: todo é segundo conveña, e quen triunfa, agora e sempre, é o rufián que desconfía de todos e se mantén alerta, aínda que non se mova case desa mesa onde o vimos ao principio, cando quizais non sabiamos que Simonini e os homes como el aínda están aquí, entre nós, e viñeron para quedar.

"Unha novela onde todos os personaxes, agás o protagonista, existiron realmente. É máis: algúns deles están aínda aquí, entre nosotros"

Podes atopala na sección de novidades có rotulo N ECO cem novedades.


viernes, 17 de diciembre de 2010

IDEAS DE NADAL PARA OS MÁIS PEQUENOS

Hoxe estreamos o noso Boletín de "Ideas para o Nadal", con suxerencias de libros para os máis pequenos da casa e os que xa están algo máis crecidiños. Historias e aventuras de 0 a 16 anos, son unha selección dalgúns dos mellores títulos do 2010. Esperamos que vos sirva de inspiración!

jueves, 16 de diciembre de 2010

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Este venres temos sesión doble de actividades:

A partires das 17:00 h. no Salón de Actos, temos o obradoiro "Cómo debuxar manga" con Marisa Irimia, un repaso ao mundo da historieta xaponesa, ou manga, e principios básicos á hora de debuxalo. Para rapaces a partir de 10 anos, é necesaria a inscripción previa en Administración ou no mostrador de Entrada da Biblioteca (10 prazas).

E as 19:00 h. tamén no Salón de Actos, temos a obra "Un avó especial" con Migallas Teatro, un espectáculo destinado a público familiar no que se aborda o tema da enfermidade do Alzheimer có obxectivo de axudar aos rapaces a comprender situacións que moitos deles poden vivr no seu entorno familiar. Dende un enfoque humorístico se pretende fomentar actitudes positivas e optimistas para afrontar os problemas da enfermidade e amosar a importancia que teñen @s nen@s para que os maiores vivan momentos felices.

Agardamos a vosa participación!!


miércoles, 15 de diciembre de 2010

IDEAS PARA ESTE NADAL: PARA @S AMANTES DA FANTASÍA


Hoxe a nosa suxerencia é para @s amantes do xénero fantástico, os que desfrutan de mundos imaxinarios, con seres sobrenaturais e batallas espectaculares... De seguro que as "Crónicas del Mago Negro", de Trudi Canavan é unha gran elección.

Esta nova edición en caixa, inclúe os tres volumes en formato peto da serie: "El gremio de los magos", "La aprendiz" e "El gran Lord". A saga cóntanos a historia de Sonea, unha xoven aprendiz de mago con grandes poderes ocultos, que pode chegar a poñer en risco a todo un reino. Maxia, acción e aventuras que xa engancharon a miles de lectores...

Un estupendo regalo para os rapaces da familia, ou para aqueles que nunca deixaron de desfrutar coa maxia e a fantasía.


martes, 14 de diciembre de 2010

IDEAS PARA ESTE NADAL: PARA @S COCINILLAS


Hoxe traemos unha proposta para l@s cocinillas, eses que poderían pasarse horas e horas entre potas e tixolas, elaborando receitas imposibles, con mellor ou peor resultado... Para sorprendelos e acertar co seu regalo, recomendámosvos "Los viajes de Jamie", o último libro do famoso cociñeiro inglés Jamie Oliver, unha mestura de libro de viaxes e receitas doadas e sinxelas.

Este volume conta con receitas de España, Italia, Suecia, Marrocos, Grecia e Francia. Como vedes todo moi mediterráneo... A idea é recoller os pratos clásicos destes países, renovalos un pouco e facelos máis doados. Cada capítulo está dedicado a un país, cunha explicación dos lugares que visita, que alimentos son os que máis se usan na súa gastronomía e como se cociñan. En España por exemplo podémonos encontrar versións da paella, o gazpacho ou o peixe ao sal.


Un libro moi recomendable tanto polas súas receitas coma polas súas fotografías. Toda unha guía de viaxes gastronómica!


lunes, 13 de diciembre de 2010

IDEAS PARA ESTE NADAL: PARA O ADICTO ÁS SERIES DE TV

Xa sabemos que o Nadal é época de regalar, e para axudarvos en tan dura tarefa, hoxe querémosvos propoñer unha idea para ese pai de familia enganchado ás series de televisión ou ese amigo que non durmía pensando en certos números... Os que seguiades a serie seguramente xa saberedes de que estamos a falar... Si, é de Perdidos, e da súa Enciclopedia Oficial que saíu á venda hai uns días.


Todo un regalazo para calquera fan da serie, a Enciclopedia Oficial de Perdidos está escrita polos guionistas da serie, e contén fichas e datos de todos os personaxes, obxectos e lugares que apareceron na serie, ata os máis minúsculos... Todas as tramas e subtramas aparecen recollidas nesta enciclopedia, con explicacións detalladas, gráficos, imaxes inéditas, etc. E como non, e case o máis importante, conta coas explicacións dos guionistas á simboloxía e mitoloxía que rodea a serie, detalles que volveron tolos os seguidores da serie durante seis tempadas.



Sen dúbida unha boa opción para todos aqueles que gozaron dunha serie que fixo historia da televisión (e que como todos os que a seguimos) quedaron con máis dunha pregunta no aire.


viernes, 10 de diciembre de 2010

LIBROS EN CALQUERA ESQUINA

Esto é o que podedes atopar se paseades por Hamburgo... Unha maquina que parece unha expendedora de tabaco, pero que en realidade o que vende son libros. Esta idea xurdiu dunha empresa alemana que decidiu cambiar o tabaco por algo máis sano: un bo libro.

Non sabemos se a lectura será sinxela, xa que os libros teñen formato "paquete de tabaco" e imaxinamos que a letra non será moi grande, pero pareceunos unha iniciativa do máis orixinal...

E máis cerca, en Madrid, tamén podemos atopar outra variedade de máquinas expendoras de libros. Estas seméllanse máis a unha máquina de refrescos ou snacks, pero alí podemos atopar as últimas novidades do mundo editorial. Eso sí, nun formato moito máis cómodo que a cajetilla de tabaco... Se queredes máis información, a empresa Vending Books é a encargada destas máquinas.

jueves, 9 de diciembre de 2010

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos sesión de contacontos con Fátima Fernández e "Queres xogar".

Os animais xogan todos os días ó escondite... Hoxe tócache a ti!!

Se tes entre 5 e 12 anos, xa podes recoller a túa invitación no mostrador da Sala Infantil (25 prazas).

Mañá, as 18:00 h. na Sala de Actividades da Biblioteca (ó lado da Sala Infantil)


martes, 7 de diciembre de 2010

CADA SIETE OLAS, DE DANIEL GLATTAUER

1) Xa coñeces a Emmi Rothner e Leo Leike? Entón é que liches "Contra el viento del norte", a inusual historia de amor en que dúas persoas que xamais se viron e se namoran perdidamente por correo electrónico.

2) Opinas que os namorados merecían verse persoalmente, aínda que fose só unha vez? Comeza a ler Cada sete ondas.

3) Disposte a abrir este libro sen coñecer "Contra el viento del norte"? Aquí tes a equipaxe necesaria: Leo Leike volve de Boston tras pouco menos dun ano. Na casa espérano noticias de Emmi Rothner. Ambos os dous decátanse unha vez en persoa de que os seus sentimentos non cambiaron e pensan que quizais deberían verse. Pero Leo empezou unha relación e Emmi segue casada...

Daniel Glattauer volve cuativar ás lectores e á crítica internacional coa súa peculiar mirada sobre as relacións amorosas no noso tempo.Emmi e Leo ensínannos que, despois de que seis ondas rompan na beira chega a sétima, e esa trae sempre moitas sorpresas.

Podes atopala na sección de novidades có rotulo N GLA cad novedades.


viernes, 3 de diciembre de 2010

"A TRES METROS SOBRE EL CIELO", A PELÍCULA

Hoxe estréase no noso país a adaptación cinematográfica do libro "A tres metros sobre el cielo" do italiano Federico Moccia, moi coñecido entre o público adolescente polas súas novelas "Perdona si te llamo amor" ou "Perdona pero quiero casarme contigo".

Nesta ocasión a película é unha adaptación española (a versión italiana xa se estreou hai un tempo) protagonizada por María Valverde no papel de Babi, unha rapaza boa e responsable, e Mario Casas como Hache (no libro, Step), un rapaz rebelde e perigoso... E coma nunha moderna versión de Romeo e Xulieta, os dous protagonistas terán que loitar polo seu amor.

Se sodes dos que preferides o libro antes que a película, podedes atopalo na Biblioteca có rótulo N MOC atr. Pero se sodes dos que preferides a película, aquí tedes o trailer para ir abrindo boca...

jueves, 2 de diciembre de 2010

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

E agardando que toda esta neve xa non esté colapsando a cidade, pero que aínda quede unha pouquiña para algunha batalla de neve ou facer un bonito boneco, temos o espectáculo "Maxia vs. Ciencia" con A Illa d@s nen@s.

Un espectáculo para todos os públicos, con obradoiros experimentais no que os neno@s poderán desfrutar dunha divertida sesión onde unha científica tola reta a un mago para, así, demostrar que a ciencia é máis poderosa que a maxia.

Mañá, as 18:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.


miércoles, 1 de diciembre de 2010

O FLAMENCO, PATRIMONIO INMATERIAL DA HUMANIDADE

Hai uns días o flamenco foi declarado Patrimonio Inmaterial da Humanidade, e para celebrar este nombramento, aqui tedes unha selección de música flamenca que podedes atopar na Biblioteca. Esperamos que disfrutedes...