martes, 30 de noviembre de 2010

PROGRAMACIÓN DAS ACTIVIDADES DE DECEMBRO


Xa podedes consultar a programación da Biblioteca para o mes de decembro na nosa axenda ou nos eventos do Facebook.

Contacontos para nenos e bebés, obradoiro de debuxo manga, teatro, experimentos cientificos e maxia é o que poderedes atopar na Biblioteca este mes.

Estades invitados!!


lunes, 29 de noviembre de 2010

RIÑA DE GATOS, DE EDUARDO MENDOZA

Un inglés chamado Anthony Whitelands chega a bordo dun tren ao Madrid convulso da primavera de 1936. Deberá autenticar un cadro descoñecido, pertencente a un amigo de José Antonio Primo de Rivera, cuxo valor económico pode resultar determinante para favorecer un cambio político crucial na Historia de España.

Turbulentos amores con mulleres de distintas clases sociais distraen o crítico de arte sen darlle tempo a calibrar como se van multiplicando os seus perseguidores: policías, diplomáticos, políticos e espías, nunha atmosfera de conspiración e de algarada.

Os excepcionais dotes narrativos de Eduardo Mendoza combinan á perfección a gravidade dos sucesos narrados coa presenza, moi sutil, do seu coñecido sentido do humor, xa que toda traxedia é tamén parte da comedia humana. Gañadora do Premio Planeta de Novela 2010.

Podes atopala na sección de novidades có rotulo N MEN riñ novedades.


viernes, 26 de noviembre de 2010

MAÑÁ SÁBADO NA BIBLIOTECA...

Que por se non o sabiades, tamén abrimos os sábados, temos sesión de contacontos para os máis pequenos da casa con Avoa Youja Teatro e o seu "Viaxe no colo".

Unha actividade para nenos de 0 a 3 anos.

Agardámoste a partires das 12:00 h. na Sala de Actividades (ó lado da Sala Infantil)


O LIBRINO, O NOVO LIBRO DE PETO


Dende a editorial Ediciones B chéganos unha novidade que revolucionará o mundo do libro en papel e faralle a competencia ó dixital: un novo formato para os libros de peto.

E pensaredes, que é o que se pode mellorar dun libro de peto? Así de primeiras, parece que pouca cousa, verdade? Pois os desta editorial fóron máis alá, e cambiaron varias cousas, baseándose nunha idea holandesa que leva un ano funcionando e que alí tivo moito éxito. Estos libros denominanse "Librinos" e saíron á venda o pasado mércores...

Consiste en convertir un libro de peto normal nun bloc de tapa dura, é dicir, cambiar a súa orientación de vertical a horizontal, cunhas medidas de 12x8 cm., e encadernado cun lomo artículado, que fai que as delgadísimas páxinas tendan a abrirse en lugar de pecharse. Así se consegue máis espacio para o texto, e todo cabe en 145 gr. de libro.

Polo momento, os 6 títulos que se ponde atopar son best-sellers coma "El círculo mágico" de Katherine Neville, "El psicoanalista" de John Katzenbach ou "Entrevista con el vampiro" de Anne Rice, a un prezo de 9,95€

Non sei vós, pero eu teño moita curiosidade por ter un destes nas miñas mans...


jueves, 25 de noviembre de 2010

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos un montón de actividades para todos os gustos...

A partir das 18:00 h. na Sala de Actividades (ó lado da sala infantil) temos a sesión de contacontos "No fondo do mar" con Fátima Fernández. Unha acitvidade para nenos de 5 a 12 anos. Temos 25 invitacións agardando na sala infantil...


Tamén ás 18:00 h. na Sala Multiusos, temos un "Obradoiro express de música electrónica" con Gochi. Para rapaces de máis de 12 anos e adultos, é necesaria a inscripción previa en Administración ou no mostrador de entrada. Só temos 10 prazas... Neste obradoiro ensinaranse os pasos básicos e os conceptos principais da música electrónica, e compoñeráse unha pequena peza musical en formato mp3.


E para rematar a tarde, ás 19.00 h. no Salón de Actos temos actuación de monicreques da man de Teatro Buratini e a súa obra "O Pazo de Papel". Un espectáculo para todas as idades, e con entrada libre.

Esperamos a vosa participación!!

miércoles, 24 de noviembre de 2010

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: NON-FICCIÓN

E seguindo coas novidades deste mes, aquí están os últimos títulos de non-ficción. Todo tipo de temas para todo tipo de usuarios...






















Se queres saber que máis podes atopar nesta sección, preme aquí

martes, 23 de noviembre de 2010

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: FICCIÓN

Aquí están de novo as últimas novidades en ficción que chegaron ata os nosos andeis. Unha selección con algúns dos títulos máis destacados e outros que parecéronnos interesantes...






















Se queres saber que máis podes atopar nesta sección, preme aquí


lunes, 22 de noviembre de 2010

LA LUZ ES MÁS ANTIGUA QUE EL AMOR, DE RICARDO MENÉNDEZ SALMÓN

Un luns de 1350, cando Europa se recupera da Peste Negra, o futuro papa Gregorio XI visita ao pintor toscano Adriano de Robertis para destruír a súa última obra, a blasfema Virgen barbuda. O 25 de febreiro de 1970, o pintor norteamericano Mark Rothko córtase as veas no seu estudo de Nova York. O 11 de setembro de 2001, mentres o mundo se interna na Era do Desconsolo, o pintor rusoVsévolod Semiasin redacta unha carta na que revela as razóns da súa loucura.

A historia destes tres mestres, baseada nun enigma -o destino insospeitado da Virxe barbuda de Adriano de Robertis- e gravitando en torno a unha idea central -o compromiso do pintor coa súa arte fronte ao poder encarnado por Igrexa, Mercado ou Estado-, é o eixe condutor de "La luz es más antigua que el amor", un libro do que nos fala un novelista chamado Bocanegra durante tres momentos cruciais: o nacemento da súa vocación, a morte da súa esposa e a súa consagración no ano 2040 como gloria da literatura universal.

Podes atopalo na sección de novidades có rotulo N MEN luz novedades.

viernes, 19 de noviembre de 2010

NOVIDADES DO CÓMIC

Hoxe traemos fresquiños, fresquiños, os últimos cómics que chegaron á biblioteca. Hainos para todos os gustos, coma sempre. Podédelos atopar na sección de novidades...