viernes, 29 de octubre de 2010

UNHA FIN DE SEMANA DE MEDO


Aproveitando que esta fin de semana celébrase a noite de Halloween e o Día de Defuntos, escollemos varios títulos terroríficos para que vaiades entrando en materia... Espiritos, pantasmas, bruxas, vampiros, todo tipo de criaturas poboan estes libros...

Infantil / Xuvenil
















Adultos

















jueves, 28 de octubre de 2010

PROGRAMACIÓN DAS ACTIVIDADES DE NOVEMBRO


Xa podedes consultar a programación da Biblioteca para o mes de novembro na nosa axenda ou nos eventos do Facebook.

Obradoiros de encadernación e música electrónica, contacontos para todas as idades e recitais son as actividades que temos este mes.
Estades invitados!!


MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos a sesión de contacontos "Un soño de contos" con Fátima Fernández.

Contos interactivos adaptados a todos os públicos, buscando a máxima participación dos rapaces.

Mañá, a partir das 18:00 h. na Sala de Actividades da biblioteca (xusto ao lado da sala infantil).


miércoles, 27 de octubre de 2010

A BIBLIOTECA DO FUTURO

Hoxe traemos un extracto da película "La máquina del tiempo" onde vemos a Biblioteca Pública de Nova York no futuro, exactamente no ano 2030 (non tan lonxano). Amosa unha idea de como poderán ser as bibliotecas (aínda que nós cremos que non a tan curto prazo) cun bibliotecario virtual e todo o coñecemento mundial almacenado nunha memoria virtual. Eso si, cun guiño os "anticuados" modelos de libros en papel que vemos expostos nunha pequena estantería...

Quen sabe, igual algún día as bibliotecas serán así, ou quizáis algo totalmente distinto...


martes, 26 de octubre de 2010

LOS IMPERFECCIONISTAS, DE TOM RACHMAN

A cincuenta anos da súa fundación por un enigmático millonario, o xornal, con sede en Roma pero escrito en inglés, converteuse nun particular refuxio de expatriados norteamericanos que se senten como peixes fóra da auga na caótica vitalidade da capital italiana. Entre as manchadas alfombras e os maltratados escritorios da redacción, os pequenos dramas do persoal cobran unha relevancia moito maior que os titulares de cada día.

Kathleen, a autoritaria redactora xefe, recupérase dunha traizón matrimonial; Herman, o xefe de estilo, refúxiase da desorde da súa vida nunha visión extremadamente rigorosa do uso da linguaxe; Arthur, o redactor deobituarios, sofre unha traxedia persoal que lle cambia a vida; Dave, ex corrector do xornal, decide seducir a directora financeira responsable do seu despedimento. Fóra das paredes do edificio, un veterano colaborador traspasa todos os límites con tal de que se publique o seu artigo, e o novo correspondente Nel cairo sofre as maliciosas manipulacións dun curtido reporteiro de guerra. Detrás de todos eles, nas sombras, o novo e flamante director preocúpase máis por Schopenhauer, o seu galardoado can de caza, que polo rumbo do excéntrico periódico da súa familia...

Podes atopar este libro na sección de novidades có rótulo: N RAC imp novidades



lunes, 25 de octubre de 2010

ELIACER CANSINO, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL 2010

Eliacer Cansino foi o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2010, que concede cada ano o Ministerio de Cultura, coa súa obra "Una habitación en Babel", que xa foi merecedora do Premio Anaya no 2009. Unha novela que narra a vida de varios mozos e retrata aspectos tan cotiáns como os problemas de convivencia, o racismo, a amizade ou a busca da propia identidade.

Eliacer Cansino escribe literatura infantil e xuvenil, e ten publicados unha veintena de libros. Ó ser profesor de literatura, o seu mundo está moi relacionado có dos rapaces, e por iso a súa obra sempre ten lugar no ambiente que lle é máis próximo...

Na biblioteca contamos con algúns dos seus libros, aínda que todavía non temos o premiado... Pero calquera deles é unha boa recomendación ;)

viernes, 22 de octubre de 2010

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Este domingo, 24 de outubro, é o Día da Biblioteca.

Celébrase por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil dende o ano 1997, e nos últimos anos contou coa colaboración do Ministerio de Cultura.

O obxectivo deste día é "fomentar o uso da biblioteca como servizo indispensable para o desenvolvemento dunha sociedade democrática, na que o dereito ao acceso libre á información estea garantido polas institucións públicas"

E para participar do noso día, hoxe repartiremos bolsas da nosa biblioteca (esperamos que vos gusten) ó realizar os préstamos. Moi útiles para cargar con todos os libros, dvd's e revistas que levedes para a casa.

Ademáis, aquí tedes unha selección de libros sobre o noso mundo, as bibliotecas. Porque non hai nada mellor que unha tarde de domingo no sofá lendo un bó libro...

jueves, 21 de octubre de 2010

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos sesión de contacontos con Migallas e os seus "Conta contos"

Estos contos tratan cuestións moi próximas ós/ás nenos/as e teñen como finalidade, ademais de entreter e divertir, presentar posibles solucións a algúns conflitos propios das idades dos/as cativos/as como poden ser: - o medo á escuridade - o afán de posuír xoguetes - o escaso tempo dedicado polos pais - o respecto á diferencia. - o abuso da T.V. - as mascotas - os celos, etc... Tamén hai contos de carácter enumerativo e outros que perseguen simplemente demostrar que os contos poden ser os xoguetes máis divertidos. Contos para todos os públicos e todas as idades.

Recorda, tes unha cita mañá ás 18:00 h. no Salón de Actos.


miércoles, 20 de octubre de 2010

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: NON-FICCIÓN

Porque non só de novelas vive o home (nin a biblioteca), aquí están as últimas novidades de non-ficción. Autoaxuda, matemáticas, biografías, cociña, política, alquimia... Todo ten cabida nesta sección...















Se queres saber que máis podes atopar nesta sección, preme aquí

martes, 19 de octubre de 2010

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: FICCIÓN

Hoxe achegámosvos todas as novidades que últimamente chegaron á biblioteca. Coma sempre, aquí tedes unha selección dalgúns dos títulos que podedes atopar...






















Se queres saber que máis podes atopar nesta sección, preme aquí