jueves, 30 de septiembre de 2010

PREMIO NACIONAL AO MELLOR LABOR EDITORIAL

As editoriais Alba e Akal obtiveron "ex aequo" o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural correspondente ao ano 2010.

O Premio, que concede o Ministerio de Cultura, ten por obxecto distinguir o conxunto do labor editorial dunha persoa física ou xurídica que destacase pola súa achega sobresaínte e innovadora á vida cultural española durante 2009. Ten carácter honorífico e, por iso, sen dotación económica.

A editorial Alba foi creada en 1993 con vocación eminentemente literaria e cun especial compromiso coa difusión de autores e obras clásicas -de Goethe a Thomas Mann, de Zola a Saint-Exupéry, de Jane Austen a Edith Wharton, de Pushkin aChéjov-, en moitos casos inéditos en lingua castelá.

Akal inícia a su andadura en 1973, cun claro compromiso coa calidade e o rigor dos libros publicados, buscando textos que, á marxe de modas pasaxeiras, constituísen un fondo sólido e coherente de longo alcance. Ten un catálogo de máis de tres mil títulos que abranguen os campos das humanidades, a arte, a política, a historia, a antropoloxía, a filosofía, a economía, o cine e a música. A iso súmase a edición de textos clásicos (dende a Grecia clásica ao século xix) e coleccións de literatura contemporánea, ademais dunha completa colección de dicionarios.

Ambas son editorias que apostan por algo máis que a venda de libros. Dende aquí a nosa noraboa.


miércoles, 29 de septiembre de 2010

EXPOSICIÓN "PEPLUM" NA BIBLIOTECA


Durante este mes de outubro, podedes visitar na biblioteca a exposición "Peplum", un homenaxe a Grecia e Roma para celebrar o décimo aniversario da designación da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Na nosa galería de Facebook podedes atopar máis imáxenes.


martes, 28 de septiembre de 2010

IMPERATOR, DE ISABEL SAN SEBASTIÁN

Ano do noso señor de 1209:

Braira foxe do exterminio dos seus irmáns cátaros e refúxiase na corte de Aragón, baixo a protección da raíña Constanza, recén despousada con Federico II de Sicilia. Un príncipe extraordinario, empeñado en chegar a ser o home máis poderoso do seu tempo e gañar o dereito a ser chamado Estupor do Mundo.

Ata a súa rica illa viaxa a moza occitana, levando consigo o segredo da súa fe e unha rara habilidade que pronto atraerá sobre ela a atención do monarca, converténdoa en protagonista dunha trepidante sucesión de aventuras: o talento para interpretar as figuras do tarot.

Podes atopala na biblioteca có rótulo: N SAN imp novidades

lunes, 27 de septiembre de 2010

UNHA CASA NUN LIBRO...

Nestos días, nos que a vivenda pasou de ser un dereito a ser un luxo, traemos unha idea que pode solucionar este problema: o libro-casa pop-up! Barata, ocupa pouco espacio e é ecolóxica... Que máis se pode pedir?

En realidade, o Space Book trátase dunha obra de arte da artista Jin-Hui Kim, que inspirándose nos libros pop-up (que son aqueles que ao abrilos mostran figuras en tres dimensións ou móbiles) creou unha versión tamaño real dunha casa-libro pop-up. Ó desplegar o libro, aparecen as habitacións, que forman un moderno piso. Se vos fixades, os mobles son capaces ata de soportar algúns obxectos...


Como vedes, os libros sempre serven de inspiración a todo tipo de artistas...

jueves, 23 de septiembre de 2010

XXXII SEMANA DE CINE DE AUTOR DE LUGO 2010

A partires do sábado 25 comeza a XXXII Semana de Cine de Autor de Lugo 2010, e coma todos os anos, a Biblioteca Nodal participa con dous ciclos de películas que serán proxectadas no noso Salón de Actos.

A entrada é gratuita, estades todos invitados. Este ano os ciclos son "Cine Peplum" e "Cine Xacobeo", ás 18.00 e 20.00 horas respectivamente.

Aquí vos deixamos a programación, que tamén está dispoñible na nosa axenda...

Luns 27

Martes 28
18.00 h. - Rómulo y Remo (1961)

Mércores 39
18.00 h. - El coloso de Roma (1964)

Xoves 30
18.00 h. - Hércules contra Roma
20.00 h. - Cotolay (1966)


martes, 14 de septiembre de 2010

NOVIDADES DE AGOSTO NO FONDO DE ADULTOS: NON-FICCIÓN

E completando o post de onte, as novidades de non-ficción. Este mes traemos autoaxuda, fotografía, historia, ocultismo, música... Desfrutade!!















Se queres saber que máis podes atopar nesta sección, preme aquí

lunes, 13 de septiembre de 2010

NOVIDADES DE AGOSTO NO FONDO DE ADULTOS: FICCIÓN

Aquí están de novo os cómics e novelas recén chegados á biblioteca, durante o mes de agosto. Están recén saídos do forno. Coidado, non vos queimedes!!






















Se queres saber que máis podes atopar nesta sección, preme aquí


viernes, 10 de septiembre de 2010

MARCAPÁXINAS SANGUENTO

É a curiosidade que hoxe traemos ata o blog. Un marcapáxinas con forma de líquido pingando, que semella do máis adecuado para ler Drácula de Bram Stoker, Crepúsculo ou algún dos últimos éxitos literarios da novela negra nórdica.

E xa postos, para combinar máis con este tipo de novela, tamén tedes a posibilidade de conseguir este mesmo modelo pero en cor negra, aínque que non é tan rechamante coma a versión vermella.

Chegado dende Xapón, pódese comprar na páxina ThinkGeek por 9.99$. Están feitos de silicona e cada un é un modelo único.

Se coñecedes alguén afectado pola febre vampírica, de seguro que este é un regalo que lles encantará...

jueves, 9 de septiembre de 2010

LA CÚPULA DEL MUNDO, DE JESÚS MAESO DE LA TORRE

Ano 1225: O Rei Alfonso X de Castela, no seu empeño por coroarse emperador da cristiandade, decide estreitar lazos co Norte de Europa e, para iso, concerta o matrimonio dun dos seus irmáns coa princesa Cristina, filla de Haakón de Noruega.

Na comitiva real encargada de escoltar a princesa encóntrase o médico Beltrán Sina, quen ten a misión de procurar serenidade espiritual a Cristina durante unha viaxe na que a delegación se ve axexada por múltiples perigos. E é que o perverso Ricardo de Cornualles, aspirante tamén a ser emperador, pretende facer fracasar o sono de Alfonso X.

Pero chegará un momento no que Sina veráse obrigado a escoller entre a lealdade ao seu rei e o amor desbordado que sente pola rapaza vinda das brumas do Norte.

Gañadora do II Premio Caja Granada de Novela Histórica, podes atopala na sección de novidades có rotulo N MAE cup

miércoles, 8 de septiembre de 2010

LECTURAS PARA PAIS

Na sala infantil da Biblioteca podedes atopar o "Rincón dos pais", unha zona da sala onde agrupamos libros para axudar aos pais no día a día cós seus pequenos. Aquí tedes unha pequena selección dalgúns títulos... E xa sabedes, para calquera dúbida, o persoal da biblioteca está para axudar.