martes, 31 de agosto de 2010

MAÑÁ CAMBIAMOS DE HORARIO

Dende mañá mércores 1, o horario da biblioteca será:

Luns a venres: de 9 a 20 horas
Sábados: de 10 a 14 horas


PRÓXIMAMENTE: LA ALARGADA SOMBRA DEL AMOR DE MATHIAS MALZIEU

Hoxe traemos unha novidade, pero que nin sequera chegou aínda ás librarías. Trátase da novela "La alargada sombra del amor", do autor Mathias Malzieu, moi famoso nos últimos días gracias á súa novela "La mecánica del corazón".

Gracias ao éxito colleitado con esta primeira novela, podemos dicir que esta segunda creación é moi esperada entre lectores de todo o mundo...

Mathias, un mozo de trinta e tantos, acaba de perder a súa nai. Mentres espera no aparcadoiro do hospital ao seu pai e a súa irmá, acontece un feito insólito: un xigante aparéceselle e anúnciao: 'Son o xigante Jack, doutor en sombrología. Trato ás persoas que sofren unha perda administrándolles un anaco da miña sombra. Coa sombra pódese combater a dor e a morte'. Mathias terá que aprender a utilizar esa sombra protectora.

Será capaz de vencer a dor? Evitará caer no abismo? Somos nós mesmos capaces de asumir a perda dun amor, un familiar ou un amigo? Se non é o caso, o xigante Jack -un vello coñecido dos lectores- ten unha fórmula perfecta para todos...

Poderedes atopala nas librarías a partir do 17 de setembro, aínda que se sodes moi ansiosos xa se pode reservar en algunhas tendas on-line como Casa del Libro, Fnac ou El Corte Inglés.


lunes, 30 de agosto de 2010

FOMENTO DA LECTURA AO GRANDE


"Unha promoción xigantesca" é o que deberon de pensar os creadores desta fachada publicitaria da Biblioteca Central de Kansas City, que decidiron convertir a súa fachada nunha estantería enorme.

É unha maneira orixinal de promocionar as bibliotecas, e de facer participar á xente, xa que pediron os cidadáns que escolleran os títulos que eles pensaban que mellor representaban á cidade de Kansas. Os 22 títulos escollidos a verdade é que non teñen moito que ver con Kansas, pero a participación é o que conta... Algúns dos libros escollidos fóron: Romeo y Julieta, Matar a un ruiseñor, Farenheit 451, El señor de los anillos, Cien años de soledad, La república, etc...

Imaxinades que ben quedaría a nosa biblioteca cunha fachada así??


viernes, 27 de agosto de 2010

DUBLINESCA, DE ENRIQUE VILA-MATAS

Samuel Riba considérase o último editor literario e séntese afundido dende que se retirou. Un día, ten un sono premonitorio que lle indica claramente que o sentido da súa vida pasa por Dublín. Convence entón uns amigos para acudir ao Bloomsday e percorrer xuntos o corazón mesmo do Ulises de James Joyce.

Riba oculta aos seus compañeiros dúas cuestións que lle obsesionan: saber se existe o escritor xenial que non soubo descubrir cando era editor e celebrar un estraño funeral pola era da imprenta, agonizante xa pola inminencia dun mundo seducido pola loucura da era dixital. Dublín parece ter a chave para a resolución das súas inquietudes.

Néboa e misterio. Fantasmas e un sorprendente humor.
Enrique Vila-Matas regresa cunha novela que parodia o apocalíptico ao tempo que reflexiona sobre o fin dunha época da literatura. Podes atopala na biblioteca có rótulo: N VIL dub

jueves, 26 de agosto de 2010

OS PILARES DA TERRA SALTA Á TELEVISIÓN

O próximo mes de setembro, que xa está á volta da esquina, teremos unha estrea literaria na televisión: "Los pilares de la Tierra" de Ken Follet.

Trátase dunha miniserie de 8 capítulos que poderemos ver en Cuatro, dirixida por Sergio Mimica-Gezzan (que dirixiu episodios de series como Héroes ou Prison Break), producida por Tony e Ridley Scott, e protagonizada por actores do talle de Donald Sutherland e Rufus Sewell.

A historia (que xa coñeceredes se lestes o libro) narra as vidas de Tom Builder, un constructor de escasos recursos económicos que soña con levantar unha catedral, e da súa familia, na turbulenta Inglaterra do século XII. Unha historia de amor, odio, ambición e cobiza...

miércoles, 25 de agosto de 2010

NOVIDADES DE XULLO NO FONDO DE ADULTOS: FICCIÓN

Para completar o post de onte, aquí están algunhas das novidades de ficción que recibimos na biblioteca durante o pasado mes. Cómic, novela histórica, intriga, misterio, romántica, de humor... Esperamos que sexan do voso agrado!!






















Se queres saber que máis podes atopar nesta sección, preme aquí

martes, 24 de agosto de 2010

NOVIDADES DE XULLO NO FONDO DE ADULTOS: NON-FICCIÓN

Durante o mes de Xullo recibimos moitos títulos recén saídos do forno. Así que hoxe traemos unha primeira entrega con algúns dos títulos de non-ficción que podedes atopar na sección de Novidades. Cociña, autoaxuda, fotografía, historia, economía, viaxes...






















Se queres saber que máis podes atopar nesta sección, preme aquí

lunes, 23 de agosto de 2010

23 DE AGOSTO, DÍA INTERNACIONAL DO RECORDO DA TRATA DE ESCRAVOS E DA SÚA ABOLICIÓN

Este ano celébrase a 12ª edición do Día Internacional do Recordo da Trata de Escravos e da súa Abolición, escollido pola UNESCO para inscribir a traxedia da trata de escravos na memoria colectiva mundial, impedir o seu olvido e como tributo a loita de todos eles.

Celébrase este día porque durante a noite do 22 ao 23 de agosto de 1791, producíuse en Santo Domingo (hoxe República Dominicana e Haití) un levantamento de escravos, que foi determinante para a abolición da trata de escravos transatlántica.

E para sumarnos a esta iniciativa, seleccionamos algúns títulos relacionados co tema, para saber máis sobre un feito que non debemos esquecer...

Infantil / Xuvenil








Adultos









Para rematar, aquí tedes un interesante vídeo sobre a trata de escravos negros da páxina ArteHistoria da Junta de Castilla y León