jueves, 15 de julio de 2010

O LIBRO NEGRO DAS CORES


Hoxe traemos unha recomendación para os máis pequenos: "El libro negro de los colores" de Menena Cottin e Rosana Faría, da editorial Zorro Rojo.

E porqué este libro? Pois porque é unha obra moi interesante que trata o tema da percepción das cores, achegándonos ás sensacións dunha persoa cega. Pretende que os nenos perciban a cor, sen necesidade de vela. Ademáis, foi gañador na categoría Nuevos Horizontes na Feira do Libro Infantil de Bologna 2007 e elexido polo New York Times entre os mellores libros ilustrados do 2008. Toda unha xoia....



miércoles, 14 de julio de 2010

AS LIBRARÍAS MÁIS BELAS DO MUNDO (I)

Dende a páxina web www.linternaute.com traemos unha selección das máis belas librarías do mundo. Unha visita a calquera delas paga a pena...

En primeiro lugar, El Ateneo de Buenos Aires, un verdadeiro teatro dos libros...



A seguinte, a Selexyz Dominicanen en Maastricht, ubicada nunha igrexa de 800 anos de antigüidade...

martes, 13 de julio de 2010

PREMIO A "LA PLAYA DE LOS AHOGADOS" DE DOMINGO VILLAR

O escritor galego Domingo Villar gañou o premio da asociación Brigada 21 de Novela, na categoría de novela en castelán pola súa obra "La playa de los ahogados", editada por Siruela e con moito éxito de vendas.

Esta é a segunda novela do escritor vigués (a primeira foi "Ojos de agua"), e tamén está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez, un arágones cuns métodos moi seus... A historia comeza coa aparición do cadáver dun mariñeiro coas mans atadas nunha praia. Así, o inspector e o seu axudante deberán tratar de esclarecer o crimen...

Ademáis deste premio, esta novela foi gañadora do Premio Antón Losada Duiéguez, escollida Libro do Ano pola Federación de Libreiros de Galicia, escollido Autor do Ano pola Revista Fervenzas Literarias, finalista do Premio Libro do Ano do Gremio de Libreiros de Madrid e finalista do Premio Novelpol.

Na biblioteca poderás atopar as dúas novelas, tanto en galego coma en castelán.



lunes, 12 de julio de 2010

ESPAÑA, CAMPIÓNS DO MUNDO!!

Porque estamos de celebración!! España Campiona do Mundo por primeira vez na súa historia!!

Hoxe é día de disfrutalo, pero se queres aínda máis, na Sala Infantil temos uns cantos libros sobre fútbol que che farán gozar case tanto como A Roxa. Achégate ata a biblioteca e escolle o teu...
















CONTRA EL VIENTO DEL NORTE, DE DANIEL GLATTAUER

Hoxe traemos outra novidade dos nosos andeis, "Contra el viento del norte" de Daniel Glattauer. Tivo tanto éxito en Alemania que xa foi adaptada ao teatro. Xulgade vós mesmos...

Na vida diaria, ¿hai lugar máis seguro para os desexos secretos que o mundo virtual? Leo Leike recibe mensaxes por erro dunha descoñecida chamada Emmi. Como é educado, lle contesta e como el a atrae, ela escribe de novo. Así, pouco a pouco, entabóase un diálogo no que non hai marcha atrás. Parece só unha cuestión de tempo que se coñezan en persoa, pero a idea altéraos tan profundamente que prefiren pospoñer o encontro. Sobrevivirían as emocións enviadas, recibidas e gardadas un encontro «real»?



viernes, 9 de julio de 2010

E ESTA FIN DE SEMANA...

Ademáis de ver a nosa selección gañar o Mundial de fútbol, podedes ir facendo tempo con algunha das últimas películas que chegaron á biblioteca. Todo tipo de xéneros para todo tipo de usuarios...























jueves, 8 de julio de 2010

LA ALIANZA DEL CONVERSO, DE AGUSTÍN BERNALDO PALATCHI

Dentro das novidades da biblioteca podedes atopar esta interesante novela histórica: "La alianza del converso" de Agustín Bernaldo Palatchi.

Castelo de Cardona, 1478. Un home revela ao seu fillo, antes de morrer axustizado, inquietantes segredos. Descenden de Abraham Abufalia, un rabino do século XIII, e a súa familia custodiou durante xeracións unha alianza de incalculable valor. Tras a execución do seu pai, Mauricio viaxará a Florencia co propósito de vender o anel.
Na cidade das artes, os Medici rescataron a antiga sabedoría perdida para iluminar o renacemento dunha era dourada. Mauricio coñecerá alí personaxes extraordinarios: Lorenzo de Medici, Marsilio Ficino, Pico della Mirandola, Leonardo dá Vinci...Ningún será tan inesquecible como Lorena Ginori, a nova rapaza condenada a casar cun home que lle repugna. E ningún tan vingativo como Luca Albizzi, un ambicioso nobre que detesta todo o que os Medici representan.
Os Estados Pontificios, o reino de Nápoles e poderosas familias florentinas tamén ansían a súa caída. Perigos, conspiracións, pragas, invasiones... Todo parecerá consumirse na cacharela das vaidades cando a cidade se vexa sometida á vontade dun frade visionario. Non obstante, do mesmo modo que Florencia necesitou regresar ao pasado para encontrar a chave do futuro, os protagonistas lograrán descender ata as raíces ocultas da súa historia familiar para coñecer, á fin, a verdade sobre si mesmos a través dunha apaixonante viaxe polo tempo.



miércoles, 7 de julio de 2010

XIX FEIRA DO LIBRO ANTIGO E DE OCASIÓN DE LUGO

Dende o pasado sábado e ata o próximo día 18 celébrase na nosa cidade a XIX Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Lugo, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia.

Este ano participan librerías de Galicia, Asturias, León, Valencia e Madrid, que expoñeran dende obras do século XVIII, primeiras edicións de autores do século XIX e XX, ata carteis, prensa, mapas, moedas e todo tipo de materiais impresos. Ademáis de todo este material, sempre podedes atopar novelas clásicas ou libros moi actuais pero descatalogados a moi bo prezo (entre os 3 e 5€)

A feira está situada no fondo da Praza Maior, e segundo os cálculos da organización, conta con máis de 40.000 exemplares á venda. Non dubidedes en dar un volta e curiosear entre os stands, seguro que atopades algo interesante...

E de regalo, aquí deixamos un vídeo de ex-libris, que eran marcas ou debuxos que antigamente se colocaban no reverso da portada dos libros e que identificaban ó propietario do libro. Son verdadeiras obras de arte... De seguro que na feira podedes atopar algún...

martes, 6 de julio de 2010

HAMACA PARA LECTORES PRAIEIROS

Dende a páxina www.nopuedocreer.com traemos outro invento novidoso para os amantes da lectura na praia: a hamaca para ler tumbado.


Aínda que non ten pinta de ser moi cómoda, hai que recoñecer que inxenio non lle falta ó que inventou semellante aparello. A hamaca ten dous buratos para sacar ós brazos, e outro no centro para apoiar a cara e poder ler boca abaixo, una postura que normalmente resulta moi incómoda na praia. Ademáis, ten repousa-bebidas e varias posicións para cando non estamos a ler. Lamentablemente, a páxina web que a vende dí que xa non está dispoñible, unha verdadera magoa. Teremos que seguir lendo á antiga usanza! ;)


lunes, 5 de julio de 2010

BOOKET NO VERÁN

Como todos os anos a editorial Booket publica unha colección de libros para o verán, en formato peto, encadernados en tapa dura e cun prezo moi axustado: 6.95€. Os títulos son do máis variado, e normalmente best-sellers. Estos son os 8 títulos que podedes atopar:

El tercer secreto de Steve Berry
Fátima, Portugal, 1917. La Virgen María se aparece a tres niños y les hace tres revelaciones. Dos de ellas son hechas públicas. El tercer secreto es guardado bajo llave hasta el año 2000, cuando se desvela que se trataba del atentado fallido contra Juan Pablo II. En la actualidad, Clemente XV se adentra en la Riserva vaticana y estudia la caja de madera que alberga el tercer secreto. ¿Duda el nuevo pontifice de su autenticidad? Andrej Tibor, el sacerdote que lo tradujo, sabe la verdad.

Lo que le falta al tiempo de Ángela Becerra
Mazarine es una joven estudiante de pintura que vive sola en el Barrio Latino de París. En su casa encierra un valioso secreto que ha sido conservado a través de generaciones y puede cambiar el rumbo del arte. Su mundo se verá conmocionado por la aparición en su vida de Cádiz, un maduro genio de la pintura, creador de un movimiento revolucionario que despierta en ella una pasión sin límites.

viernes, 2 de julio de 2010

LA ÚLTIMA NOCHE EN TWISTED RIVER, DE JOHN IRVING

Hoxe traemos unha novidade editorial que pode resultaros interesante... A novela "La última noche en Twisted River" do recoñecido autor John Irving. Podedes atopala na sección de novedades.

Corre o ano 1954. A vida no serradoiro dunha explotación forestal ao norte de New Hampshire non resulta doada e as desgracias están á orde do día. Unha noite, Dominic Baciagalupo, o cociñeiro do serradoiro, e o seu fillo Danny, de doce anos, vense obrigados a abandonar apresuradamente o lugar cando Danny, nun fatal accidente, mata a noiva dun alguacil chamado Carl.
Dominic e Danny inician entón unha extenuante fuxida, pois Carl, no seu afán de vinganza, os perseguirá primeiro ata Boston, logo ata Vermont e Iowa, e finalmente ata Canadá. En cada cidade á que cheguen, pai e fillo veranse obrigados a adaptarse aos costumes e persoas do lugar, a inventar unha nova identidade... Sen darnos tregua, peripecia tras peripecia, John Irving somérxenos de cheo na vida estadounidense durante as últimas cinco décadas do século xx.


jueves, 1 de julio de 2010

NOVO HORARIO DE VERÁN


A partir de hoxe, cambiamos ao horario de verán

Abriremos de luns a venres, de 8:30 a 14:30

A desfrutar do verán!!