
Hoxe queremos falar dun dos poucos programas de televisión adicados ós libros: Página 2
Este programa está dirixido por Óscar López, ten media hora de duración e emítese todos os domingos ás 20:30 h., e os martes ás 19:30 h. en La 2
E por qué falar deste programa? Pois por ser novidoso, áxil, por tratar o mundo dos libros dun modo sinxelo e cercano, e por un diseño moderno e actual. Tan só en 30 minutos, condensa entrevistas con autores de recoñecido prestixio, reportaxes, novidades editoriais, lista dos máis vendidos, recomendacións, axenda cultural, e un miniclub de lectura para os máis pequenos. Todo cun derroche de creatividade e innovación gráfica e visual...
Dende aquí recomendámolo, porque nos parece unha boa opción para os amantes dos libros. E para rematar, un vídeo no que se entrevista o autor Paolo Giordano...