lunes, 31 de mayo de 2010

31 DE MAIO, DÍA MUNDIAL SEN TABACO

Hoxe celébrase o Día Mundial Sen Tabaco (dende 1987) no que a OMS (Organización Mundial da Saúde) pretende informar a poboación sobre os perigos do tabaco e fomentar políticas eficaces para a diminución do seu consumo.

Este ano o tema escollido foi "Xénero e tabaco: a promoción do tabaco dirixida ás mulleres".

O tabaco é a segunda causa mundial de morte, detrás da hipertensión, e o causante do falecemento de 1 de cada 10 adultos.

Coma a saúde parécenos un tema moi importante, dende a Biblioteca unímonos a este día, e seleccionamos algúns libros relacionados có tabaco que poden ser do teu interese. Pasa o rato por enriba das portadas e poderás ver o título e o rótulo.

















viernes, 28 de mayo de 2010

OS CAZAFANTASMAS NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE NUEVA YORK

Hoxe traemos un video moi especial: un grupo de pantasmas deambulan pola Biblioteca Pública de Nueva York, pero alí aparecen os Cazafantasmas para solucionar o problema....


Todo este montaxe corresponde a unha iniciativa da propia biblioteca (que se puxo en contacto cun grupo especializado en crear este tipo de "actuacións" en sitios públicos denominada Improv Everywhere) para queixarse polo recorte de case 37 millóns de dólares que van sufrir e o despido de 736 traballadores. A crise está a facer estragos, tamén nas bibliotecas...


jueves, 27 de mayo de 2010

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos sesión de Animación á lectura có "Diccionario Tolo", da man de Fátima Fernández.

Crearemos o noso propio diccionario da biblioteca a partires de sílabas que se enlazarán de xeito disparatado...

Para participar tés que ter entre 5 e 12 anos, e recoller unha das 25 invitacións na Sala Infantil.

Agardámoste o venres 28 ás 18:00 h.


miércoles, 26 de mayo de 2010

69º FEIRA DO LIBRO DE MADRID

A partires do día 28 de maio e ata o 13 de xuño, terá lugar a 69º Feira do Libro de Madrid, un evento moi importante no mundo do libro. A presidenta da feira, Pilar Gallego, a definiu coma "un oasis de ilusiones, tanto para los libreros, como para los autores y los lectores; un año más, nos embarcamos en un sueño que consiste en que el Retiro se convierta en un mar de lectores”

Este ano a invitada de honra é a literatura escandinava, moi de actualidade e con grandes seguidores. Autores tan coñecidos coma Jostein Gaarder, Meter Wessel, Camilla Läckberg ou Asa Larsson visitarán a feira e firmarán exemplares dos seus libros.

Escritores, ilustradores, actores, tradutores e expertos no fomento da lectura acudirán durante estes días a Madrid, e participarán nas máis de 300 actividades programadas: presentacións de libros, sinaturas de autores, exposicións, teatro, lectura dramatizada de relatos negros e de literatura infantil e xuvenil, xogos infantís e obradoiros "nórdicos". Todo un paraíso para os afeccionados á lectura...

Se queres máis información, saber que autor vai asinar exemplares, ou coñecer a programación dun día determinado, visita a súa páxina oficial: www.ferialibromadrid.com

Se tés a oportunidade de visitar Madrid durante estes días, non o dubides e achégate ata o Retiro.


martes, 25 de mayo de 2010

25 DE MAIO, DÍA DE ÁFRICA

Hoxe, 25 de maio, celébrase o Día de África, data escollida pola UNESCO, e que conmemora a creación da Unión Africana en Etiopía en 1963.

Esta data serve para recordar ao resto do planeta a difícil situación que está a vivir este continente, onde máis de 400 millóns de persoas viven na pobreza...

E nós queremos celebrar este día recomendando algunhas lecturas sobre este fascinante continente. Ao pasar o rato por enriba das portadas, atoparás o título do libro e máis o rótulo, para que o poidas localizar máis fácilmente...

Infantil / Xuvenil








Adultos








Multimedia









"Sueño un África en paz consigo misma"
Nelson Mandela

lunes, 24 de mayo de 2010

GRANDES CLÁSICOS REINVENTADOS...

Hoxe en día xa está case todo inventado, e por iso o máis fácil é botar man do que xa está publicado... Ou eso é o que deberon de pensar os creadores das seguintes novelas, clásicos da literatura ós que lles deron un lavado de cara e engadiron un ingrediente moi especial: zombies.

Parece incrible, pero dende hai algúns meses podemos atopar nas librerías títulos tan suxerentes coma "Orgullo y Prejuicio y Zombies", "Sentido y Sensibilidad y Monstruos Marinos" ou "Lazarillo Z".

Os dous primeiros son de Jane Austen, clásicos da literatura romántica nos que as súas protagonitas, outrora rapazas preocupadas por atopar marido, agora son convertidas en expertas loitadoras contra criaturas mariñas e caza-zombies. Toda unha revolución feminina!! Os culpables destes cambios son Seth Grahame-Smith e Ben H. Winters, e os dous están publicados por Umbriel.

No caso do Lazarillo Z, e da mán da editorial DeBosillo, descubriremos que este rapaz foi un persoaxe de vital importancia nunha plaga de zombies que asolou España no século XVI, por todos coñecida... Como ben dí o seu slogan publicitario: "Matar zombis nunca foi pan comido"

De seguro que lelos é toda unha experiencia...

viernes, 21 de mayo de 2010

ESTA FIN DE SEMANA...

Organizamos unha chea de actividades!!

O sábado 22 ás 12:30 h, na Sala Infantil da Biblioteca teremos a Charo Pita e as súas "Fábulas no berce"

Un espectáculo para nen@s de 0 a 3 anos acompañados polos seus pais, onde a través de relatos sinxelos, ritmos e cancións se introducirá aos máis pequenos no universo das palabras...
Recolle a túa invitación na Biblioteca.


E co gallo da XVIII Feira do Libro de Lugo, na que a Biblioteca participa por primeira vez, programamos dúas actividades máis para nenos:

Sábado 22 de maio (18:00 h.)
"Concertina : outras historias do Bardo Abelardo..."
con Servando Barreiro
Na carpa da Feira (Praza Maior)
Acceso libre para todos os públicos.

Domingo 23 de maio (18:00 h)
"Monicreques: Os tres porquiños e algún outro"
con Mario Tomás
Na carpa da Feira (Praza Maior)
Acceso libre para todos os públicos.

Agardámos que disfrutedes da fin de semana!!

jueves, 20 de mayo de 2010

NOVIDADES DE ABRIL NO FONDO DE ADULTOS

Durante o mes de abril, a biblioteca recibíu algunhas novidades moi interesantes...






















Se queres saber que máis podes atopar nesta sección, preme aquí