viernes, 30 de abril de 2010

¿QUÉ PODO FACER ESTE FIN DE SEMANA?

Pois podes ver algunha das películas que temos o teu dispor na biblioteca, porque temos máis cousas ademáis de libros... Có teu carné de socio poderás levarte ata 3 dvd's durante 7 días.

Estas son algunhas das novidades que poderás atopar nos nosos estantes...



















jueves, 29 de abril de 2010

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Hoxe, 29 de abril, celébrase o Día Internacional da Danza, e queremos dedicar este post a unha tendencia moi de moda actualmente, o Flashmob.

¿E qué é un Flashmob? Pois é unha acción organizada na que un grupo de xente reúnense de repente nun lugar público e realizan algo inusual, e ó rematar dispersanse rápidamente. Normalmente convócanse por internet e aínda que non sempre teñen que ser bailando, escollemos varios vídeos nos que o baile é o protagonista. Ata temos unha versión nunha biblioteca!!

Casualmente, e con motivo deste día, na nosa cidade terá lugar unha iniciativa parecida, ás 13:30h. na rúa Bispo Aguirre, organizado polo 8º Encontro de Danza Contemporánea da USC. Deste xeito terédes a posibilidade de velo en vivo e en directo!!

Flashmob de "Sonrisas y Lágrimas" na estación de trens de Amberes

miércoles, 28 de abril de 2010

ESTE VENRES 30 NA BIBLIOTECA...

visítanos o Bardo Abelardo.

Grazas á música, o bardo Abelardo conseguíu traducir os sentimentos dos seres que habitan no fondo das fragas, dos ríos e dos mares ó linguaxe dos humanos.

Como a súa cabeza está chea de paxaros, voa de vila en vila e de cidade en cidade contando e cantando contos e historias ás nenas e nenos para que coiden da palabra PAZ.

Se tés de 3 a 12 anos, e queres asistir, recolle unha das 30 invitacións que temos na Sala Infantil.

Xa o sabes, o venres 30, ás 18:00 h. na Sala Infantil.

martes, 27 de abril de 2010

OBRADOIRO EXPRÉS DE INICIACIÓN Á MÚSICA ELECTRÓNICA

Este venres 30 organizamos un Obradoiro Exprés de Iniciación á Música Electrónica para rapaces de 12 anos en diante.

Durante dúas horas aproximadamente, GoChi ensinará os pasos básicos e conceptos principais da música electrónica, e poderás compoñer e gravar a túa propia composición musical en formato mp3. Se ademáis, tocas algún instrumento, non dubides en traélo.

Para participar e conseguir unha das 10 prazas dispoñíbles, deberás inscribirte na Sala Infantil.

Agardámoste o venres 30, no Salón de Actos ás 18:00 h.

lunes, 26 de abril de 2010

2010 ANO INTERNACIONAL DO ACHEGAMENTO DAS CULTURAS


O 2010 foi escollido como o Ano Internacional do Achegamento das Culturas pola ONU (Organización das Nacións Unidas), baixo o lema "Unha soa cultura"

Os obxectivos deste ano son o recoñecemento da gran diversidade de culturas do mundo e as ligazóns que as xuntan, e promover o diálogo, a comprensión e a cooperación entre relixións e culturas.

Dende a Sala Infantil da Biblioteca queremos sumarnos a esta celebración e por iso inauguramos un centro de interese sobre a multicuturalidade. Alí poderás atopar libros de todo tipo e para todas as idades. Ademáis, podes consultar o noso boletín.

Estos son algúns dos títulos que podes atopar...
























Se desexas máis información, recomendámoste algunhas páxinas que poden ser do teu interese:

viernes, 23 de abril de 2010

ESTA TARDE NA BIBLIOTECA...

Toca sesión de Contacontos!!

Con Teresa González Costa e a súa historia "De animais e de viaxes", destinada a nen@s de 3 a 12 anos.

Para asisitir deberás recoller a túa invitación na Sala Infantil (30 invitacións)

Agardámoste ás 18:00 h. na Sala Infantil.


23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


No 23 de abril vénse celebrando o Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor, dende que así o decidiu a UNESCO no ano 1995. Curiosamente, nesta data no ano 1616, faleceron tres importantes escritores: William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Garcilaso de la Vega.

En todas as cidades de España celébrase este día con lecturas públicas, feiras do libro, actos simbólicos, etc... E nós vos informamos do que podedes atopar no día de hoxe na nosa cidade...

jueves, 22 de abril de 2010

22 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA TERRA


Hoxe, 22 de abril, estamos a celebrar o Día Mundial da Terra, co fin de tomar conciencia sobre os problemas de contaminación, a conservación da biodiversidade, o manexo dos recursos naturais, a educación ambiental, e facer participar a todos os cidadáns.

En moitos lugares do mundo terán lugar todo tipo de actos, como manifestacións, entrega de plantas, sementa de árbores, actividades de fomento da reciclaxe, etc... e relacionado coa nosa provincia, a Disney Store en colaboración con AccióNatura donará 1€ por cada bolsa reutilizable que venda, e empregarán ese diñeiro para plantar 6.000 árbores no municipio lucense de As Nogais.

Nós tamén queremos aportar o noso grao de area, e seleccionamos algúns libros que poden ser do teu interese...

miércoles, 21 de abril de 2010

NOVIDADES DE MARZO NO FONDO DE ADULTOS

Algunhas das novidades que a Biblioteca recibiu durante o mes de marzo fóron...
























Para saber todo o que podes atopar nesta sección, preme aquí