domingo, 21 de marzo de 2010

¿SABIAS QUE...


... estamos moi preto de ti, no centro da cidade, na Avenida Ramón Ferreiro

... xa temos instalado un aparcadoiro de bicicletas, para que te achegues mais axiña.

... para ser socio, so necesitas unha foto tamaño carnet, e unha fotocopia do DNI. Para os menores de 14 anos, ademais, necesítase a firma do pai ou a nai.

... o noso horario permítenos atendervos ininterumpidamente de 9 a 21 horas de lúns a venres, e de 10 a 14 tódolos sábados.

... dispoñemos de mais de 150.000 libros para a consulta e préstamo.

... temos mais de 4.000 DVD, de todos os xéneros para adultos e de 1.500 para nenos.

... temos mais de 2.500 CD de todo tipo de música.

... temos mais de 18.000 libros infantís.

... temos prensa diaria, local, rexional, nacional, e internacional.

... temos 19 ordenadores con acceso a internet a disposición dos usuarios.

... dispoñemos dunha sala de mais de 500 m2 con 136 postos de estudio ou lectura.

... temos a tua disposición mais de 1500 revistas de publicación semanal, quincenal e mensual.

... atesouramos e custodiamos valiosos exemplares antigos, algúns dos cales podes ver na nosa exposición sita na entrada da biblioteca.

.. temos mais de 19.000 socios.

... se non atopas o que buscas na nosa biblioteca, podes pedilo a outras bibliotecas da Rede (préstamo intrabibliotecario).

... se non atopas un libro, CD, DVD na rede, podemos mercalo, soamente coa tua petición (suxestión de compra).

PRENSA DIARIA

Se queres estar a última e coñecer todo o que pasa en Lugo, en Galicia e no mundo enteiro, na Biblioteca temos a túa disposición unha gran variedade de prensa...
El Progreso de Lugo
La Voz de Galicia
Faro de Vigo
El Correo Gallego
Galicia Hoxe
El País
El Mundo
La Razón
Público
ABC
Expansión
Cinco Días
Marca
Le Monde Diplomatique (en castelán)
The Times

Todos estos títulos e máis atoparálos na Hemeroteca, no 1ª andar da Biblioteca

MAXIA POTAXIA...

Este venres 26 traemos á Biblioteca a Xavier Muro e o seu espectáculo "Fantasía Máxica"


Unha función de Ilusionismo e humor, que serven de base á recreación de historias, contadas ó son da música e a maxia.

Está destinado a todos os públicos, e terá lugar as 19:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.

CLUB DE LECTURA


¿En qué consiste un club de lectura? Pois é moi sinxelo: é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo o mesmo libro, cada un na súa casa, e que logo se reunen na biblioteca unha vez á semana, para compartir e contrastar as súas opinións. ¿A que soa ben?

O grupo está composto por un máximo de 20 socios, e tamén contamos cun coordinador, encargado de seleccionar as lecturas (coa opinión dos participantes, claro), de marcar as páxinas a leer ata a seguinte reunión, de propor algúns temas de debate, e tamén o que pon orden nas reunións, porque sempre hai opinións para todos os gustos...

A biblioteca proporciona os libros ós integrantes do club, así que non terás que preocuparte de conseguir determinado título... Nos poñemos todo o necesario.

Durante este ano o grupo reúnese todos os xoves, de 18 a 20 h.

Se estás interesado en participar, só tes que apuntarte na oficina de administración da Biblioteca. Alí informaránte de todo...

E para mostra, un botón... Estos son os algúns dos títulos escollidos este ano:















PRESENTÁNDONOS


Benvid@s ao blog da Biblioteca Pública de Lugo.

Iniciamos este blog có obxectivo de ofrecervos todo tipo de información destinada a consolidar a misión de facer da biblioteca un centro de aceso á cultura, promoción da lectura e espazo para o lecer.

Intentaremos manternos ó día e ofrecervos información actualizada e interesante...

Agradecémos a vosa visita!!