lunes, 13 de diciembre de 2010

IDEAS PARA ESTE NADAL: PARA O ADICTO ÁS SERIES DE TV

Xa sabemos que o Nadal é época de regalar, e para axudarvos en tan dura tarefa, hoxe querémosvos propoñer unha idea para ese pai de familia enganchado ás series de televisión ou ese amigo que non durmía pensando en certos números... Os que seguiades a serie seguramente xa saberedes de que estamos a falar... Si, é de Perdidos, e da súa Enciclopedia Oficial que saíu á venda hai uns días.


Todo un regalazo para calquera fan da serie, a Enciclopedia Oficial de Perdidos está escrita polos guionistas da serie, e contén fichas e datos de todos os personaxes, obxectos e lugares que apareceron na serie, ata os máis minúsculos... Todas as tramas e subtramas aparecen recollidas nesta enciclopedia, con explicacións detalladas, gráficos, imaxes inéditas, etc. E como non, e case o máis importante, conta coas explicacións dos guionistas á simboloxía e mitoloxía que rodea a serie, detalles que volveron tolos os seguidores da serie durante seis tempadas.



Sen dúbida unha boa opción para todos aqueles que gozaron dunha serie que fixo historia da televisión (e que como todos os que a seguimos) quedaron con máis dunha pregunta no aire.


No hay comentarios: