lunes, 20 de diciembre de 2010

EL CEMENTERIO DE PRAGA, DE UMBERTO ECO

Estamos en marzo de 1897, en París, espiando dende as primeiras páxinas desta magnífica novela a un home de sesenta e sete anos que escribe sentado a unha mesa, nun cuarto abarrotado de mobles: velaquí ao capitán Simonini, un piemontés afincado na capital francesa, que dende moi novo se dedica á nobre arte de crear documentos falsos.

Home de poucas palabras, misóxino e lambón impenitente, o capitán inspírase nos folletíns de Dumas e Sue para dar fe, fomentar intrigas ou difamar as grandes figuras da política europea. Cabaleiro sen escrúpulos, Simonini traballa ao servizo do mellor ofertante: se antes foi o goberno italiano quen pagou polas súas imposturas, logo chegaron os encargos de Francia e Prusia, e mesmo Hitler acabaría aproveitándose dos seus malvados oficios.

Trinta anos despois de publicar "El nombre de la rosa", Umberto Eco volve para mostrarnos que na literatura e na vida, nada é o que parece e ninguén é quen realmente di ser: todo é segundo conveña, e quen triunfa, agora e sempre, é o rufián que desconfía de todos e se mantén alerta, aínda que non se mova case desa mesa onde o vimos ao principio, cando quizais non sabiamos que Simonini e os homes como el aínda están aquí, entre nós, e viñeron para quedar.

"Unha novela onde todos os personaxes, agás o protagonista, existiron realmente. É máis: algúns deles están aínda aquí, entre nosotros"

Podes atopala na sección de novidades có rotulo N ECO cem novedades.


No hay comentarios: