miércoles, 3 de noviembre de 2010

A PROBA DA PÁXINA 99


¿E en que consiste a proba da páxina 99? Pois a idea foi de Ford Madox Ford, un escritor inglés, que recomendaba abrir os libros pola páxina 99 para saber se pagaba a pena ler o libro ou non.

Un curioso método que se basea na idea de que esta páxina representa máis ou menos o tercio do libro, un punto no que os personaxes e o ritmo da obra xa están definidos, e o lector ten pistas sobre a intriga pero non as suficientes como para destripar o libro enteiro.

Este método non é ningunha novidade, pero si o é a páxina web Page99Test.
A idea desta web é que os autores poidan subir as súas páxinas 99 para así comprobar se os seus libros terán éxito ou non entre o público, aínda que todo esto é moi relativo, claro . Calquera que se rexistre na web pode subir 3 páxinas 99 que estarán dispoñibles durante 30 días, e logo serán borradas da web. Ademáis, pódense ler as páxinas doutros, e encher un sinxelo formulario para deixar a nosa opinión, contestando a se seguiríamos lendo ou non o libro, explicando porque si ou porque non o faríamos, e como de dispostos estaríamos a compralo.

Agora decidides vós se vos seguides fiando dos resumos da contraportada ou preferides ler a páxina 99 ;)


No hay comentarios: