martes, 16 de noviembre de 2010

O QUIXOTE INTERACTIVO

Dende a Biblioteca Nacional chéganos un novo proxecto moi innovador, que permite consultar un exemplar do Quixote en líña, unha primeira edición do libro que se conserva nos fondos da Biblioteca.

Mediante unha aplicación virtual é posible disfrutar do Quixote coma se o tivésemos nas nosas mans, pasar as páxinas ou acercarnos máis a alguna sección... Este exemplar virtual é unha mezcla de dous exemplares que conserva a Biblioteca, as edicións de Madrid de 1605 e 1615, dixitalizadas a moi alta calidade. É unha verdadeira gozada poder desfrutar dunha edición destas características, e ademáis incluir mapas, ilustracións, gravados e todo tipo de contidos de 43 edicións do Quixote.

Aquí vos deixamos o enlace á aplicación do Quixote, para todo o que queira remexer nel, e o vídeo de presentación

No hay comentarios: