jueves, 11 de noviembre de 2010

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos sesión doble: para os máis pequenos da casa temos sesión de contacontos e para os maiores un recital poético.

Da man de Iago López e "A excursión de Martiño" os nenos vivirán múltiples aventuras sen saír da biblioteca. Destinado a rapaces de 3 a 12 anos, xa se poden recoller as invitacións no mostrador da Sala Infantil (prazas limitadas: 30). Agardámoste mañá ás 18:00 horas na Sala de Actividades (ó lado da Sala Infantil).

"Lugo namora: paseo poético por Lugo" é un recital poético a cargo de Claudio Rodríguez Fer, onde a nosa cidade é a protagonista absoluta. A entrada é libre, así que non dubides en acercarte ao Salón de Actos da Biblioteca a partir das 20:00 horas.

No hay comentarios: