jueves, 4 de noviembre de 2010

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos "O libro máxico" con Migallas.

Rosiña é unha nena que ten que quedar soa na casa mentres os seus pais van a unha reunión. Como ten algúns problemas para rematar os deberes decide investigar nun baúl onde o seu pai gardou moitas cousas para que non se manchasen coa pintura, pois está a pintar a casa. Alí encontra un libro vello e ponse a lelo. Tras as primeiras liñas empezan a pasar cousas estrañas e Rosiña e os seus amigos, o público, somérxense na aventura de piratas que está escrita no libro.

Máis tarde os nenos e nenas irán en busca da lámpada marabillosa que esqueceu un xenio en Arabia; actuarán na pista dun circo acompañados por un can pallaso e conducirán unha nave espacial por galaxias descoñecidas.

O argumento desta peza teatral invita os nenos e nenas a vivir grandes aventuras lendo libros. Ademais trátanse temas como a discriminación; o exceso de autoridade; as relacións entre pais e fillos; o compañeirismo; a importancia da imaxinación, etc.

Un espectáculo para todos os públicos. Mañá, a partir das 18:00 h. no Salón de Actos.

No hay comentarios: