lunes, 8 de noviembre de 2010

LO QUE SÉ DE LOS HOMBRECILLOS, DE JUAN JOSÉ MILLÁS

A rutina diaria dun profesor universitario vese perturbada pola irrupción de perfectas réplicas humanas en miniatura que se moven con soltura polo mundo dos homes.

Un día, un destes homiños, creado a imaxe e semellanza do catedrático, establece unha conexión especial con el e converte en realidade os seus desexos máis inconfesables.

Neste libro, o profesor narra o último destes encontros secretos, que resulta tamén o máis intenso e perigoso, pois ademais de descubrir onde viven, que costumes teñen e como se reproducen estes homiños, intervén no seu pequeno mundo mentres a vida sen inhibicións converte o seu nun verdadeiro pesadelo.

Podes atopalo na sección de novidades có rotulo N MIL loq novedades.


No hay comentarios: