martes, 2 de noviembre de 2010

LO QUE ME QUEDA POR VIVIR, DE ELVIRA LINDO

Antonia ten vinte e seis anos cando se ve soa cun neno de catro no cambiante Madrid dos oitenta. A súa é a historia dunha viaxe interior, o dunha muller que se enfronta á xuventude e á maternidade mentres intenta facerse un lugar na vida, nunha cidade e nunha época de tempo acelerado, máis propicio á confusión que á certeza, sobre todo para alguén que tivo unha experiencia demasiado temperá da perda e da soidade.

"Lo que me queda por vivir" é a crónica dunha aprendizaxe: como se logra a duras penas sobrepoñerse á deslealdade; como o desvalemento e a tenrura dun fillo alivian a fraxilidade de quen ha de facerse forte para protexelo."Lo que me queda por vivir" ten a forza das novelas que retratan un tempo ao contar unhas vidas singulares, feitas por igual de desamparo e inocencia. A escritura de Elvira Lindo alcanza aquí unha beleza sobrecolledora, indo dereita ao nervio das cousas, ao corazón desas verdades sobre a experiencia que só pode contar a ficción.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N LIN loq novedades

No hay comentarios: