miércoles, 17 de noviembre de 2010

INTERCAMBIO DE LIBROS NA BIBLIOTECA

Para todos aqueles que aínda non o coñecedes, hoxe querémosvos recordar o sistema de intercambio de libros que existe na biblioteca dende hai un tempo.

E en que consiste este intercambio de libros? Pois é un xeito de compartir con outros usuarios ese libro que che está a ocupar moito espazo no estante de casa e xa non queres, ou conseguir ese libro que xa non hai en ningún sitio...

Á entrada da biblioteca encontrarédes unha mesa onde se colocan os libros que "deixaron" outros usuarios, e que sodes totalmente libres de levarvos á casa se encontrades algo que vos interesa. Non tedes que pasar polo mostrador de préstamo, nin pagar, nin pedir permiso, nin nada, están alí para vós...

Se vos interesa participar deixando algún libro, só aceptamos exemplares en bo estado, e en lugar de deixalos directamente na mesa, terédesllos que entregar ao persoal da biblioteca, que se encargará de poñelos alí.

Así que xa sabédes, se queredes facer limpeza na casa e compartir os vosos libros, o intercambio de libros espéravos!


No hay comentarios: