viernes, 15 de octubre de 2010

ESTA TARDE NA BIBLIOTECA...

Esta tarde empezan as nosas acitividades dos venres, como todos os anos. Hoxe comezamos có espectáculo "Palabras máxicas" con Chrystyan Magic.

"Palabras máxicas" é un espectáculo creado a través da imaxinación, creatividade e baseado na maxia que pódese desprender da lectura. Mediante a sucesión de xogos de maxia, Chrystyan tentará descubrirlle os nen@s a ilusión, fantasía e maxia que se esconde nos libros e contos, con historias máxicas baseadas precisamente en libros como "A viaxe de Vionta", "Mary Poppins", etc... e mediante os nosos propios contos, que poderemos crear grazas á participación dos nen@s. Un espectáculo destinado a todos os públicos.

Agardámoste esta tarde ás 19:00 h. no Salón de Actos.


No hay comentarios: