jueves, 7 de octubre de 2010

SÉ LO QUE ESTÁS PENSANDO, DE JOHN VERDON

Un home recibe unha carta que lle urxe a pensar nun número, calquera. Cando abre o pequeno sobre que acompaña o texto, seguindo as instrucións que figuran na propia carta, decátase no que pensara de que o número alí escrito é exactamente.

David Gurney, un policía que despois de 25 anos de servizo se retirou ao norte do Estado de Nova York coa súa esposa, verase involucrado no caso cando un coñecido, o que recibiu a carta, lle pide axuda para encontrar o seu autor con urxencia. Pero o que en principio parecía pouco máis que unha chantaxe se acabou convertendo nun caso de asasinato que ademais garda relación con outros sucedidos no pasado.

Gurney deberá desentrañar o misterio de como este criminal parece capaz de ler a mente das súas vítimas en primeiro lugar, para poder chegar a establecer o patrón que lle permita atrapalo.

Podes atopar este libro na sección de novidades có rotulo:
N VER sel

No hay comentarios: