lunes, 4 de octubre de 2010

CLUBE DE LECTURA



O vindeiro 21 de octubre comeza o noso clube de lectura. Para os que non sabedes en que consiste o clube, contarvos que é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo un mesmo libro, cada un faino na súa casa e unha vez á semana reúnense para comentar as páxinas avanzadas dende o encontro anterior.


O grupo está composto por un máximo de 20 socios, e tamén contamos cun coordinador, encargado de seleccionar as lecturas (coa opinión dos participantes, claro), de marcar as páxinas a leer ata a seguinte reunión, de propor algúns temas de debate, e tamén o que pon orden nas reunións, porque sempre hai opinións para todos os gustos...


A biblioteca proporciona os libros ós integrantes do club, así que non terás que preocuparte de conseguir determinado título... Nos poñemos todo o necesario.

Durante este ano o grupo reuniráse todos os xoves, de 18 a 20 h.


Se estás interesado en participar, só tes que apuntarte na oficina de administración da Biblioteca. Alí informaránte de todo...




No hay comentarios: