jueves, 14 de octubre de 2010

ANA JUAN, PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN 2010

Ana Juan foi a gañadora do Premio Nacional de Ilustración 2010 polo conxunto da súa obra. O Ministerio de Cultura concede este galardón co obxectivo de recoñecer e distinguir o conxunto do labor realizado por un ilustrador español no ámbito do libro e a literatura.

Está dotado con 20.000 euros, é indivisible, e non pode declararse deserto nin concederse a título póstumo.

Ana Juan é licenciada en Belas Artes e traballa como ilustradora, escritora e pintora. Colaborou en revistas como Madriz, El Víbora, Metal Hurlant, Marie-Claire, New Yorker e diarios como El Mundo e El País, e expuxo a súa obra en cidades como Xenebra, Madrid, Sevilla e Nova York.

Na biblioteca podedes encontrar algún dos seus libros, tanto para nenos como para adultos...








E xa para rematar, aquí tedes algunha das súas ilustracións...





No hay comentarios: