viernes, 22 de octubre de 2010

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Este domingo, 24 de outubro, é o Día da Biblioteca.

Celébrase por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil dende o ano 1997, e nos últimos anos contou coa colaboración do Ministerio de Cultura.

O obxectivo deste día é "fomentar o uso da biblioteca como servizo indispensable para o desenvolvemento dunha sociedade democrática, na que o dereito ao acceso libre á información estea garantido polas institucións públicas"

E para participar do noso día, hoxe repartiremos bolsas da nosa biblioteca (esperamos que vos gusten) ó realizar os préstamos. Moi útiles para cargar con todos os libros, dvd's e revistas que levedes para a casa.

Ademáis, aquí tedes unha selección de libros sobre o noso mundo, as bibliotecas. Porque non hai nada mellor que unha tarde de domingo no sofá lendo un bó libro...

Infantil / Xuvenil








Adultos









E para rematar, un vídeo de humor de Cruz y Raya cun bibliotecario moi particular como protagonista.. Para botar unhas risas ;)

No hay comentarios: