viernes, 15 de octubre de 2010

16 DE OUTUBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ALIMENTACIÓN

Mañá, 16 de outubro, celébrase o Día Internacional da Alimentación, baixo o lema "Unidos contra a fame".

Celébrase este día porque foi a data na que foi fundada a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), no ano 1945.

Os obxectivos deste día son: estimular unha maior atención á produción agrícola en todos os países e un maior esforzo nacional, bilateral, multilateral e non gobernamental a ese fin; estimular a cooperación económica e técnica entre países en desenvolvemento; promover a participación das poboacións rurais, especialmente das mulleres e dos grupos menos privilexiados, nas decisións e actividades que afectan ás súas condicións de vida; aumentar a conciencia pública da natureza do problema da fame no mundo; promover a transferencia de tecnoloxías ao mundo en desenvolvemento; fomentar aínda máis o sentido de solidariedade nacional e internacional na loita contra a fame, a malnutrición e a pobreza e sinalar á atención os éxitos conseguidos en materia de desenvolvemento alimentario e agrícola.

Para participar deste día, nós escollemos varios títulos, pero tí podes deixar a túa firma na páxina web do Proxecto "1billionhungry", e mostrar a túa queixa sobre a situación que están a vivir millóns de persoas no mundo.

Infantil / Xuvenil








Adultos









Agardamos que disfrutes da lectura, e se aínda non picaches no link de "1billionhungry", aquí deixamos o video da campaña, protagonizado por un enfadadisimo Jeremy Irons......

>

No hay comentarios: