miércoles, 1 de septiembre de 2010

A PRIMEIRA BIBLIOTECA NUN AEROPORTO


Dende o 25 de agosto calquer viaxeiro no aeroporto de Schiphol, en Amsterdam, poderá achegarse ata a primeira biblioteca pública situada nun aeroporto.

A idea xorde da organización holandesa ProBiblio e da rede de Bibliotecas Públicas dos Países Baixos. A biblioteca está xusto pasando o control de pasaportes, e conta con todo tipo de material: libros, dvd's, cd's en 29 idiomas. Moitas das obras tratan de diferentes aspectos da cultura holandesa, xa que ao tratarse dun lugar de paso de numerosos turistas, é unha maneira de ofrecerlles información que doutra maneira non atoparían... Pero tamén teñen novelas, comics e demáis, non pensedes...

Polo mesmo motivo, por ser unha zona de tránsito, non é posible levar os materiais en préstamo. Aínda que algúns dos materiais dixitais, como películas, poden ser descargados en dispositivos móbiles como un I-pad ou teléfonos móbiles. Así poderemos desfrutar da pelicula escollida durante o noso voo ou ao chegar ao noso destino.

Unha iniciativa moi interesante que de seguro terá éxito, e extenderase por moitos máis aeroportos do mundo.


No hay comentarios: