jueves, 30 de septiembre de 2010

PREMIO NACIONAL AO MELLOR LABOR EDITORIAL

As editoriais Alba e Akal obtiveron "ex aequo" o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural correspondente ao ano 2010.

O Premio, que concede o Ministerio de Cultura, ten por obxecto distinguir o conxunto do labor editorial dunha persoa física ou xurídica que destacase pola súa achega sobresaínte e innovadora á vida cultural española durante 2009. Ten carácter honorífico e, por iso, sen dotación económica.

A editorial Alba foi creada en 1993 con vocación eminentemente literaria e cun especial compromiso coa difusión de autores e obras clásicas -de Goethe a Thomas Mann, de Zola a Saint-Exupéry, de Jane Austen a Edith Wharton, de Pushkin aChéjov-, en moitos casos inéditos en lingua castelá.

Akal inícia a su andadura en 1973, cun claro compromiso coa calidade e o rigor dos libros publicados, buscando textos que, á marxe de modas pasaxeiras, constituísen un fondo sólido e coherente de longo alcance. Ten un catálogo de máis de tres mil títulos que abranguen os campos das humanidades, a arte, a política, a historia, a antropoloxía, a filosofía, a economía, o cine e a música. A iso súmase a edición de textos clásicos (dende a Grecia clásica ao século xix) e coleccións de literatura contemporánea, ademais dunha completa colección de dicionarios.

Ambas son editorias que apostan por algo máis que a venda de libros. Dende aquí a nosa noraboa.


No hay comentarios: