jueves, 2 de septiembre de 2010

OS QUE ESTÁN POR CHEGAR

Neste mes de setembro parece que todo volta á vida. Co final do verán á volta da esquina, hoxe traémosvos algúns dos libros que amenizaran as nosas tardes outonais...

"Inés y la alegría" de Almudena Grandes
Este venres chega ás librarías a nova novela de Almudena Grandes. Ambientada na posguerra española, narra a invasión do Val de Arán en outubro de 1944 por un grupo de guerrilleiros que se propuxeron liberar a España. Esta novela é o primero dos "Episodios de una guerra interminable", un proxecto narrativo formado por seis novelas independentes.

"Un traidor como los nuestros" de John LeCarré
Que pasa cando un mafioso ruso quere virar as costas ao seu pasado, contalo todo e pedir asilo político? E se as súas confesións implican membros do goberno? Unha xoven parella inglesa, Gail e Perry, decide ir de vacacións a Antigua, a pequena illa caribeña. Alí conocerán a Dima, un carismático millonario ruso. Pero este, en realidade, é un criminal que quere pedir asilo político en Inglaterra a cambio de contar todo o que sabe... Así comeza a historia da última novela do archicoñecido John LeCarré. Mafia e corrupción a partes iguais...

"Jasper Jones" de Craig Silvey
Charles Butkin é un neno de trece anos, un apaixonado lector e un dos rapaces menos populares do pequeno pobo australiano no que vive. Unha calorosa noite do verán de 1965 alguén chama á súa ventá: é Jasper Jones, un mestizo rebelde e marxinado que necesita axuda. Charlie acompañará a Jasper ata un claro do bosque, onde será cómplice do seu horrible descubrimento, un segredo que cambiará as súas vidas para sempre. Unha novela sobre a amizade ao estilo clásico...

"La mujer que buceó dentro del corazón del mundo" de Sabina Berman
Karen é unha nena abandonada que nin sequera sabe falar cando a súa tía Isabelle se fai cargo da industria atunera que acaba de herdar, e descobre con sorpresa a súa existencia. Grazas ao tesón e ao cariño de Isabelle, a nena empeza a falar e vai á escola, pero diagnostícaselle unha sorte de autismo funcional. Iso non lle impedirá chegar á universidade ou ter ideas brillantes para o negocio familiar, aínda que os seus comportamentos e puntos de vista chocarán sempre coas ideas establecidas e serán causa de situacións embarazosas ou cómicas.

No hay comentarios: