martes, 7 de septiembre de 2010

MR. ROSENBLUM SUEÑA EN INGLÉS, DE NATASHA SOLOMONS

A pesar de medir apenas un metro sesenta, Jack Rosenblum é todo tenacidade e está decidido a converterse, a través do estudo e o esforzo, nun auténtico cabaleiro inglés. Jack dedica gran parte do seu tempo libre a recompilar unha lista de normas, unha guía exhaustiva de modos, costumes e hábitos ingleses. Sabe que a marmelada hai que comprala en Fortnum & Mason, coñece de memoria a lista dos monarcas británicos dende o ano 913, e o momento máis emocionante do día, para él, ten lugar cando escoita a previsión meteorolóxica na BBC. Ademais, exceptuando algunha que outra palabra groseira, xamais se expresa en alemán.

Dende o seu desembarco en Harwich en 1937 comprendeu que a clave do éxito pasaba pola integración. Pero oito anos despois da segunda guerra mundial, e a pesar de todos os seus esforzos, a súa aposta por pasar desapercibido aínda tropeza con dificultades inesperadas, entre elas as que lle formula a súa propia esposa. A Sadie, a obsesión do seu marido resúltalle incomprensible. Ela non quere esquecer quen é, nin de onde proceden. En vez de esforzarse por aprender a xogar ao tenis, prefire preparar pasteis para recordar con eles as persoas que se quedaron atrás.

Pero Jack está convencido de que rematarán por encontrar un verdadeiro fogar. Nun último intento por completar a lista que leva elaborando tanto tempo, convence unha Sadie escéptica para que se trasladen ao campo, á Inglaterra profunda. Aí, nunha terra de porcos peludos, campánulas e sidra de vagalume, embárcanse nunha tarefa imposible...

Podes atopala na biblioteca có rótulo: N SOL mrr novedades

No hay comentarios: