viernes, 3 de septiembre de 2010

LIBROS CON BANDA SONORA

Porque ler é toda unha experiencia que mellor que acompañala doutro pracer para os sentidos: a música.

Moita xente opina que escoitar música mentres se le distrae e non deixa desfrutar dun libro axeitadamente. Pero vese que algúns autores non pensan o mesmo, e para innovar lanzaron as súas obras acompañadas de cd's. Normalmente son composicións pensadas para o propio libro, pero noutros casos, son cancións xa coñecidas que inspiraron ao autor á hora de escribir.

Un dos primeiros exemplos foi o libro "El traje del muerto" de Joe Hill (fillo de Stephen King), unha novela de terror sobre unha estrela de rock. O cd é unha selección do propio autor de cancións e temas que aparecen na novela, e outros que lle serviron de inspiración. Los Ramones, Velvet Underground, Motorhead ou Jonny Cash forman parte desta recompilación.

Un gran best-seller da nosa literatura é o seguinte, "La sombra del viento" de Carlos Ruíz Zafón. Tras o seu éxito mundial, publicouse unha edición especial acompañada dun disco de música instrumental composta polo propio autor. Tan só cunhas notas podemos sentirnos transportados a esa Barcelona máxica e lugubre das novelas de Zafón...

Máis actual xa é a novela "La mecánica del corazón" de Mathias Malzieu, que tamén é o título do sexto traballo musical de Dionysos, a banda que lidera Malzieu. Este disco contén 18 cancións en inglés, francés e castelán, cada unha correspondente a un capítulo do libro. A maxia do amor feita música...

No caso da escritora Care Santos e o seu libro "Bel: amor más alla de la muerte", o libro inclúe un cd con tan só unha canción: "I'll be ok" do grupo McFly. Canción que escoita e tararea a protagonista nos momentos máis relevantes da novela...


E xa para rematar, temos a famosísima Stephenie Meyer, que na súa páxina web propón un listado de cancións para escoitar mentres lemos a súa non menos famosa saga vampírica, "Crepúsculo". Cada libro ten a súa propia lista, onde case sempre aparecen grupos coma Muse, My Chemical Romance, Linkin Park, Placebo, Travis ou Coldplay. Outra opción son as bandas sonoras das películas...

No hay comentarios: